NOVAS

Xuventude Crea 2017

Publicado o 20 de Xullo de 2017

A participación debe ser individual exceptuando teatro, música, banda deseñada e graffiti.

O Programa Xuventude Crea convoca ás mozas e mozos galegos con idades entre os 16 e os 30 anos de idade, non profesionais, a participar nas seguintes disciplinas creativas:

  1. Teatro
  2. Artes Plásticas
  3. Fotografía
  4. Música
  5. Relato breve
  6. Poesía
  7. Videocreación
  8. Banda Deseñada
  9. Graffiti
  10. Deseño de xoias
  11. Moda
  12. Cociña

O prazo de entrega das solictudes estará aberto ata o 31 de agosto.

Os premios serán en cada especialidade os seguintes:

  1. 1º premio: 3000 euros
  2. 2º premio: 1500 euros
  3. 3º premio: 1000 euros

Máis información no DOG do 14 de xullo de 2017 e en https://sede.xunta.es co procedemento BS310Q.