NOVAS

Xa está en marcha unha nova edición de Música Xove Emerxente

Publicado o 03 de Novembro de 2017

O certame Música Xove Emerxente ten como obxectivo ofrecer aos novos grupos musicais galegos oportunidades para promocionar a súa creatividade, para establecer un espazo de encontro, coñecemento, información e formación e, sobre todo, de relacións

Quen pode participar?

 

  • Calquera grupo musical compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia.
  • Condicións: Nos grupos musicais haberá, polo menos, dous membros menores de 30 anos. Os músicos non poderán aparecer en máis dun grupo dos que participen no certame
  • Os grupos que desexen participar deberán rexistrarse e inscribirse na páxina web www.musicaxoveemerxente.gal   

 

Inscricións

 

Os grupos deben presentar:

  • un pequeno dossier en PDF no que se incluirán os contactos de todos os membros do grupo, (teléfonos e direccións de correo electrónico correctamente identificados cos seus nomes e tamén as súas datas de nacemento). 
  • Plano de escenario en PDF (e a poder ser, especificacións técnicas e listaxe de canles).
  • 2 imaxes actuais do grupo (fotos, logo..).
  • 2 ligazóns de vídeos dalgunha das súas actuacións ou videoclips.
  • Entre 2 e 4 temas en formato MP3 gravados polas formacións inscritas (Indicando o título de cada canción e o nome do grupo).
  • Ligazóns con calquera dirección URL que achegue máis información do grupo (web, facebook, bandcamp, twitter, instagram etc.).

Cada grupo deberá inscribirse no apartado da provincia  que lle corresponda, segundo se indica na páxina web.

 

A inscrición será na web destinada ao certame www.musicaxoveemerxente.gal

 

  • O prazo de inscrición abrangue do 1 ao 27 de novembro de 2017.

Consulta a información completa nesta ligazón.