V Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

Versión para impresoraEnviar a un amigo
torre.jpg

A Deputacíon Provincial de A Coruña convoca o V Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez. Poderán optar ó premio todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade que non teñan gañado o premio nas últimas edicións anteriores, con obras que non teñan sido presentadas noutros certames anteriormente.

Establécense os seguintes premios:

  • 1. un primeiro premio indivisible de 6.500 euros e unha exposición na Fundación CIEC.
  • 2. dous accésit para bolsa nun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.

Cada artísta só poderá presentar unha única obra en calquera das disciplinas de grabado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e os seus derivados.

O prazo de admisión das obras é dende o 3 ata o 30 de xuño de 2010.

As obras deberán enviarse á Fundación CIEC, Rúa do Castro 2, 15300 Betanzos, A Coruña-España), indicando no sobre "V Premio Internacional de arte grafico "Jesús Núñez.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar