Unhas sesenta persoas iniciaron o luns un curso Cemit sobre “Alfabetización dixital” que se imparte en locais sociais da zona rural

Versión para impresoraEnviar a un amigo
DMTK_cursos.jpg

A Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida pola edil Natalia Hermida, impulsa un curso sobre “Alfabetización dixital: navegación segura, redes sociais e trámites electrónicos” que comezou a impartirse o pasado luns en seis locais sociais da zona rural.

A edil naronesa recordou que a proposta, que consta dun total de corenta e oito horas formativas por curso -o q fai un total de 288 horas- diríxese a cincuenta e oito persoas, “que terán a oportunidade de adquirir unha serie de coñecementos moi útiles para o seu día a día”.

As sesións, que se ofreceron desde o Concello a todas as parroquias do rural, teñen lugar nos locais sociais de Castro, Sedes, San Mateo, Doso, San Xiao e no da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, durante dous días á semana e con diferentes horarios en cada un deles.

Alfabetización dixital; As redes sociais; Trámites en liña; Solicitar citas previas a través de internet; Certificado dixital; Sinatura electrónica de documentos e Trámites electrónicos sen certificado dixital forman parte do contido destes cursos de Cemit rural.

Desde a Concellería de Novas Tecnoloxías continuamos apostando por ofrecer ás veciñas e aos veciños de Narón unha serie de cursos a través dos que poder adquirir uns contidos de moita utilidade para a súa vida diaria nuns tempos nos que, cuns pasos moi sinxelos, podemos realizar unha gran variedade de trámites a través de internet”, destacou Hermida. A concelleira recordou que mediante o programa Cemit rural “desde o goberno local apostamos por achegar as novas tecnoloxías ás parroquias de Narón, promovendo a celebración de cursos e aportando o material necesario, neste caso ordenadores, e o persoal, para que as veciñas e os veciños que residen nas parroquias do rural teñan as mesmas oportunidades que os da zona urbana, donde os cursos Cemit se convocan nun aula específica ubicada no antigo Concello de Xuvia”.

Natalia Hermida subliñou que desde o pasado mes de xaneiro e ata finais deste ano a previsión da área formativa na Aula Cemit de Xuvia e nos locais sociais da zona rural é dunhas duas mil horas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar