NOVAS

Últimos días para ver a exposición "Galegos en Mauthausen" poderá verse na Biblioteca municipal

Publicado o 06 de Febreiro de 2018

A exposición Galegos en Mauthausen poderá verse na Biblioteca municipal ata o vindeiro 10 de febreiro nas instalacións da Biblioteca municipal.

A sala de exposicións acolle esta mostra, formada por preto de medio cento de imaxes e paneis nos que se relata a situación dos preto de douscentos galegos internados no campo de concentración nazi de Mauthausen, en Austria. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, entre outros integrantes da corporación local, acompañaon aos representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática na visita guiada que teivo lugar o día da presentación, e na que o historiador Enrique Barrera, integrante da citada asociación, falou ás persoas asistentes sobre a época do Holocausto.

O acto enmarcouse no programa impulsado polo Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e que incluíu outros actos na cidade o mes pasado, tanto no propio Consistorio como na Biblioteca e en centros educativos.

A mostra Galegos en Mauthausen poderá verse no horario de apertura da sala de exposicións da Biblioteca, de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, tal e como recordou a concelleira responsable destas áreas.