Últimos días para solicitar a instalación de postos na Feira-Mostra do Libro de segunda man organizada pola Concellería de Bibliotecas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
libros.jpg

As persoas interesadas en participar na sexta edición da Feira-Mostra do Libro de segunda man dispoñen aínda dalgunhas vacantes para poder instalar os seus postos.

Así o recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que indicou que na convocatoria, que terá lugar entre o 23 e o 27 de abril na planta baixa da Biblioteca, poderán participar ata unha decena de persoas. “Alí disporán dun espazo para vender ou trocar libros que xa non utilicen, ofrecendo desde o Concello esta oportunidade, sen custe algún, para darlles unha nova vida ás publicacións que cada participante considere oportuno”, asegurou a edil. Para anotarse é preciso facelo a través do Rexistro Municipal, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30, donde deberán cubrir unha instancia a través da que, por orde de inscrición, se irán asignando os postos dispoñibles.

O programa municipal Biblioespazo 2018 impulsa esta iniciativa, para cuxa participación son imprescindibles uns requisitos. As persoas que desexen instalar os seus postos deben estar dados de alta como usuarios/as na Red de Bibliotecas desde o 2 de abril (como data mínima); non ter sancións pendentes, non estar relacionados co sector editorial e expoñer un mínimo de vinte e cinco libros cada día, tal e como apuntou a edil.

A Feira-Mostra do Libro de segunda man celebrarase na cidade coindicindo coa programación do mes do libro. Para recibir máis información sobre esta feira pódese chamar á Biblioteca municipal, ao número de teléfono 981 382 173 ou escribir ao correo electrónico: biblioteca.central@naron.es.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar