Últimas prazas para inscribirse en seis accións formativas do Programa municipal de formación 2017

Versión para impresoraEnviar a un amigo
formacion082017.jpg

As persoas interesadas en realizar accións formativas do Programa municipal de formación 2017, dispoñen aínda de prazas libres para anotarse en seis das especialidades ofertadas.

Así o recordou a concelleira de Mocidade e Formación, Natalia Hermida, ao explicar que todavía existen vacantes nos cursos:

  • Prevención de riscos laborais. PRL nivel básico” (60h), que comezará o 31 de outubro.
  • Medio Ambiente sector Naval” (16h), a primeira edición comezará o 11 de outubro e a segunda o 17 de novembro.
  • Traballos en altura e verticais” (40h), a primeira edición a partir do 19 de outubro e a segunda edición o 24 de novembro.
  • Mellora da empregabilidade” (50h), que se iniciará o 21 de novembro.
  • Autoemprego” (100h), que comezará o 23 de outubro.
  • Soldadura semiautomática MAG, procesos GMAW e FCAW", curso de especialización, que require experiencia previa, inclúe 100 horas de prácticas en empresas ”(250h) – desde o día 11 de setembro. 

As datas dos cursos poden variar, sons previsións.

Hermida, recalcou que aquelas persoas interesadas en anotarse nestas seis accións formativas dispoñibles deben facelo no Rexistro Xeral do Concello ata o día 9 de agosto en horario de 8:30 a 13:00 horas. As persoas ás que vai destinada esta iniciativa deben ser desempregados/as empadroados/as en Narón, maiores de 18 anos.

  1. Para máis información contactar no teléfono 981.337700- Ext.1123.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar