Subvencións para mobilidade de estudantes Séneca

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Becas séneca

Convócanse estas subvencións con obxecto de fomentar que unha parte dos estudos universitarios poidan seguirse en universidades distintas a aquela na que o estudante se ache matriculado, e fomentar a mobilidade dos estudantes.

O número estimado de bolsas que se convocan é de 2.170.

REQUISITOS
Poderán acollerse a este programa os estudantes matriculados en universidades públicas españolas ou en centros de educación superior cuxa entidade titular careza de ánimo de lucro, que se achen cursando os estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais de Grado, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto ou os de Diplomado, Enxeñeiro ou Arquitecto Técnico, incluída a realización do proxecto fin de carreira, e obtivesen unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2010-2011.

En todos os casos mencionados no punto anterior, os beneficiarios das bolsas terán a condición de estudante da universidade de orixe, na que terán feito efectivos os dereitos de matrícula.

CONDICIÓNS
1. Para os efectos da súa inclusión neste programa de bolsas, as universidades deberán ter resolto e publicado previamente a mobilidade de alumnos para o curso académico 2010-2011 do programa SICUE.

2. As estanzas, incluídos os períodos de exames, deberán realizarse nunha universidade diferente á de orixe e nun «campus» situado en distinta provincia e área metropolitana, supoñendo un cambio efectivo de residencia do alumno.

3. Os períodos de estanza e os contidos mínimos a cursar axustaranse ao seguinte:

  • a) Catro meses para cursar polo menos 18 créditos (plans renovados) ou 3 materias cuatrimestrales (plans non renovados).
  • b) Nove meses para cursar un mínimo de 30 créditos (plans renovados), ou 3 materias anuais ou 5 equivalentes cuatrimestrales (plans non renovados).
  • c) Para as universidades de destino que teñan estudos organizados en trimestres poderán solicitarse períodos de estanza de tres, seis ou nove meses, para cursar polo menos os créditos ou materias seguintes: 3 meses para cursar 15 créditos ou dúas materias, 6 meses para cursar 24 créditos ou 4 materias e 9 meses para cursar 30 créditos ou 3 materias anuais ou 5 trimestrais.

4. A duración da bolsa será dun máximo de nove meses e mínimo dun cuadrimestre académico e estará comprendida entre o 1 de outubro de 2010 e o 30 de xuño de 2011, con independencia do período lectivo das universidades, a excepción dos casos sinalados no apartado c) para estudos organizados en trimestres que será de tres meses como mínimo.

5. Estas bolsas serán incompatibles con outras da mesma finalidade e natureza obtidas para o curso académico 2010-2011. Igualmente non poderá outorgarse unha bolsa desta convocatoria a beneficiarios de convocatorias anteriores.

6. As bolsas terán unha contía de 500 euros mensuais.

7. Concederase unha subvención de viaxe única de 120 euros a cada beneficiario. Para os estudantes que se despracen dende ou a universidades situadas en Comunidades Autónomas insulares, así como dende ou ás Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, esta subvención de viaxe será de 200 euros.

PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto quince días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria en Boletín Oficial do Estado.

INFORMACIÓN
BOE do 8 de abril de 2010

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar