Programa de actividades de tempo libre Campaña Verán 2019

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R2_youth-570881_640.jpg

A Consellería de Política Social abre mañá o prazo de presentación de solicitudes para que a mocidade empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A participación na oferta da Campaña de verán 2019 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Consulta as bases e requisitos no seguinte arquivo engadido.

DocumentoTamaño
Anuncio_2.pdf768.73 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar