A parroquia de Sedes celebrará a 10ª edición da Noite da Luz o vindeiro dia 11 de decembro.

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
noche de luz.jpg

O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e dous representantes do Grupo de Traballo de Sedes, Paco Ramil e Mª Jesús Yañez, presentaron en rolda de prensa a celebración da 10ª edición da Noite da Luz que se desenvolverá na parroquia de Sedes o vindeiro sábado 11 de decembro.

Esta celebración realízase dende fai dez anos, coincidindo coa onomástica de Santa Lucía (13 de decembro). A Noite da Luz consiste na recreación de carácter simbólico que pretende chamar a atención sobre a importancia da protección, valorización e conservación do noso patrimonio cultural.

O acto en sí consiste na organización dunha comitiva de persoas que parte da capela de Santa Lucía (na Feira do Trece, Sedes) e vai a pé ata o Monte Esperón. Alí se procede ó encendido de 12 fachos de 2,5 metros de altura dispostos de xeito circular e compretados por outro facho de 5 metros que se coloca no centro do círculo. Estas 13 antorchas simbolizan as trece parroquias do concello e o seu compromiso coa defensa do patrimonio.

O programa de actos é o seguinte:

18:00 Concentración na Feira do Trece.
18:30 Saínda da comitiva da luz cara ó Monte Esperón.
19:00 Acendido dos fachos xigantes do Monte Esperón e caldo comunitario en Aldea Nova.
20:30 Retorno ó Centro Cívico Social e velada teatral coa representación da obra “O testamento do Tío Nacho” a cargo do Grupo de Teatro de Sedes “Mistura”.

 
xunta de galicia consellera de traballo e benestar