NOVAS

Obradoiros informativos sobre programas para a mocidade

Publicado o 18 de Abril de 2017

O luns 24 de abril ás 17:00 h, terá lugar na biblioteca municipal un obradoiro informativo acerca de tres programas, que promove a Dirección Xeral de Xuventude para a mocidade galega: o programa Iniciativa Xove (que está a punto de saír a convocatoria); o programa “Galeuropa” e o de “Voluntariado Xuvenil”

Estes obradorios de balde, serán impartidos por un dinamizador pertencente á Rede Galega de dinamización xuvenil da Xunta de Galicia.

A grandes rasgos, as persoas destinatarias destes programas son: mozos/as de entre 16 e 30 anos (depende do programa) que estean interesados en prestar labores de voluntariado, presentar algún proxecto no ámbito da participación, ou realizar prácticas non formativas en países da Unión Europea.

A través destas convocatorias os mozos e as mozas poden desenvolver ideas que transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poden reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.