NOVAS

Obradoiro de rap: sábado 21 na Praza de Galicia

Publicado o 19 de Outubro de 2017

Ei, mozas e mozos de gozades co hiphop e o rap! O vindeiro sábado 21 temos unha cita en Narón, na Praza de Galicia a partires das 17:00 horas.

Xa vos informamos hai uns días de que o sábado é o #DíaDasBibliotecas. Nós en Narón temos unhas bibliotecarias que non paran de dinamizala e organizar actividades para todas as idades...e este sábado, entre outras, argallaron o obradoiro! Mola!

Por este motivo, o sábado durante 2 horas, ata as 19:00 h, estaremos rimando con moito flow baixo a atenta mirada da Vella Escola. 

  1. Quen son Vella Escola? Para que coñezades algo máis a esta xente podedes informarvos no seu portal.  Vella Escola é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx,  slackline, capoeira…O sábado farán este obradoiro de rap! Estades preparad@s?
  2. Outras redes: Tamén teñen contas en redes sociais como YouTube ou Facebook.

Se estades interesadas/os en participar só tedes que achegarvos o sábado con ritmo no corpo e moita enerxía, non é precisa inscrición previa! E ademais é de balde...non temos escusa!

Vémonos alí...ide facendo rimas!!