O Servizo Municipal de Deportes abre o prazo de preinscrición para formar un terceiro grupo de Pilates

Versión para impresoraEnviar a un amigo
workout-1931107_640R.jpg

O concelleiro de Deportes, Román Romero, anunciou a previsión do Servizo Municipal de Deportes de formar un novo grupo de Pilates, que se reuniría os luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara. O edil explicou que para poder constituír un novo curso, que se sumaría aos dous existentes en horario de tarde –os martes e xoves-, é preciso que se anoten un mínimo de oito persoas. Para preinscribirse é preciso dirixirse ao Servizo Municipal de Deportes, no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00. O prezo desta actividade é de 17,35 euros ao mes, se ben os pensionistas abonarán 12,15 euros.

Así mesmo, Romero recordou que aínda quedan algunhas prazas vacantes nas sesións de Matronatación, que teñen lugar os luns, mércores e venres de 10.15 a 11.00 e tamén en horario de tarde, de 21.30 a 22.15. O prezo desta actividade é de 38,50 euros ao mes. As persoas que desexen acudir ás clases de Natación para adultos tamén dispoñen dalgunhas prazas vacantes para asistir os martes e xoves, de 21.30 a 22.15 ou de 22.15 a 23.00 horas, abonando 29,15 euros ao mes ou 20,05, neste último caso se poden acollerse ás tarifas reducidas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar