O Padroado da Cultura convoca para esta noite unha nova sesión de cine no Centro CÃvico Social de San Xiao


O Centro CÃvico Social de San Xiao acollerá esta noite, a partir das 22.15 horas, unha nova sesión do ciclo de cine organizado polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Deputación da Coruña. Pérez, o ratiño dos teus soños é o filme que se poderá ver hoxe, unha coproducción galega na que o público poderá desfrutar das aventuras do ratiño Pérez, por veces un pouco complicadas. As sesións, dirixidas ao público familiar, son de balde, tal e como recordou a concelleira de Cultura, MarÃa del Carmen Espada.
Este programa continuará, indicou, –no mesmo horario, a partir das 22.15- nas xornadas do 19 e o 26 deste mes, cando se poderán ver as pelÃculas El Desconocido (no Centro CÃvico Social de San Mateo) e Os Pitufos (na Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso), respectivamente.
Este ciclo de cine, enmarcado na programación de Feliz Narón Verán 2018 incluÃu unha proxección máis, a da pelÃcula A tropa de Trapo, que se puido ver o pasado dÃa 5 de xullo na parroquia do Val.