O espectáculo Anatomía dunha serea pecha o venres a cuarta edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_people-430559_640.jpg

A compañía galega Chévere pechará o vindeiro venres, día 29, o Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que se iniciou na cidade o pasado 7 de marzo.

Nesta ocasión, o público terá a oportunidade de ver o monólogo Anatomía dunha serea, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

A actriz Iria Pinheiro é a protagonista deste espectáculo, unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal de Pinheiro como nai e vítima da violencia obstétrica. É unha obra autobiográfica e con carácter testemuñal.

O Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular acolleu un total de sete espectáculos nesta cuarta edición, a maioría protagonizados por mulleres e cunha firme aposta pola creación galega. Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos potenciar as propostas dramáticas unipersoais a través dos monólogos, combinando unhas liñas de traballo dirixidas a todo tipo de públicos. 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar