O Concello de Narón promociona a vida sen tabaco a través de carteis informativos instalados nos edificios e locais sociais municipais

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
no-fumar.png

O Concello de Narón está a instalar unha serie de carteis informativos nos edificios municipais, para promocionar a vida sen tabaco. Trátase duns carteis co lema “Deixa fóra o fume” nos que se advirte da prohibición de fumar no interior dos espazos públicos, e que serán colocados en medio centenar de lugares, como pavillóns polideportivos ou locais sociais municipais.

Esta iniciativa forma parte do Programa de Promoción da Vida sen Tabaco no que colaboran o Concello de Narón, a rede de Concellos Saudables, e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Pero tamén enmárcase no Programa de Dinamización Comunitaria, promovido pola Concellería de Participación Cidadá no que se traballa no ámbito da saúde.

A Dinamización Comunitaria inclúe ademáis un programa de activación saudable, no que se promocionan os hábitos de vida sanos e a práctica de exercicio físico. Trátase de dúas sesións de 60 minutos á semana en días alternos, nos que se traballa o mentemento e a recuperación funcional do corpo. Están dirixidos a tódalas persoas interesadas na práctica do exercicio físico cardiovascular, co obxectivo final de reducir a morbilidade e a mortalidade asociadas a unha alimentación pouco sá e á falla de actividade física.

Os destinatarios desta iniciativa son o grupo de idade intermedia entre os 20 e os 60 anos, no que se promove a actividade física e alimentación sana para xerar hábitos de mantemento da mobilidade e prevención de saúde (hipercolesterolemia, hipertensión e saúde mental), e o grupo de persoas de máis de 60 anos, para garantir un mantemento de indicadores básicos e correctores de saúde.

Nos obradoiros de activación física participan actualmente 205 persoas, divididas en grupos xa creados (15 persoas por grupo, aproximadamente), e outros catro grupos de nova creación (con 10 persoas por grupo, aprox.). Esta actividade se manterá ata o mes de maio de 2011.

 
xunta de galicia consellera de traballo e benestar