O concello amplía o prazo de solicitude de subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal

Versión para impresoraEnviar a un amigo
-Ponte_peonil_do_Rio_Xuvia.jpg

O Concello de Narón amplía tres días o prazo para que as asociacións e outras entidades de ámbito municipal poidan solicitar as subvencións habilitadas desde a administración local para desenvolver programas e actuacións que promovan a participación da cidadanía no tecido asociativo. As solicitudes, tal e como se recordou, deben tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello entre os días 12 e 14 de novembro, ambos incluídos. 

Para poder recibir estas achegas municipais as entidades terán que estar legalmente constituídas, inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello e cumprir ademais unha serie de requisitos. Entre estes últimos, están a actualización dos seus datos como asociación no momento de presentar a solicitude e ter xustificadas as subvencións concedidas en anos anteriores polo Consistorio.

Poden solicitalas entidades que realicen traballos relacionados coas áreas: socioeducativa, sociocultural, de igualdade, con persoas con discapacidade ou drogodependencia, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiente e saúde tal e como se especifica nas bases.  

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar