O Concello de Narón amplía o prazo de inscripción para o curso de Socorrismo en instalacións naturais e piscinas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
natalia.jpg

A inscripción pode realizarse ata o venres 16 de abril.

A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de ampliar o prazo de inscripción para realizar o Seminario de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e en Espazos Acuáticos Naturais, que se desenvolverá en Narón nesta primavera.

Nun primeiro momento, o prazo de inscripción estableceuse entre o 30 de marzo e o 9 de abril pero co fin de facilitar os trámites a tódalas persoas que poidan estar interesadas neste curso, a Concellería de Deportes amplióuno ata o vindeiro venres 16 de abril.

As inscripcións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, cubrindo a correspondente ficha que se lles entregará neste mesmo lugar. Cando remate o prazo de inscripción, tódolos inscritos serán chamados telefonicamente para comunicarlles que deberán facer o ingreso da matrícula. Terán prioridade na inscripción os empadroados en Narón e os estudiantes universitarios da UDC, ós que se realizará un desconto na tarifa do curso (pagarán 320€) fixada en  384€.

O programa do seminario establece un total de 520  horas repartidas entre clases teóricas e prácticas (estas últimas suman 114 horas presenciais). A duración do mesmo é de 2 meses (as clases serán as tardes dos venres, o sábado todo o día, e o domingo pola mañá) comenzando en abril e rematando en xuño. Ó longo destas semanas, os alumnos realizarán un total de 6 probas para valorar os seus coñecementos, ademáis de tres exámenes teóricos.

Os únicos requisitos para participar son ter 18 anos cumpridos (ou ter 16 e a correspondente autorización paterna) e saber nadar. Ó superar o curso, obterán a certificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas e socorrismo en espazos acuáticos naturais, avalada polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC, ademáis de tres créditos de libre configuración recoñecidos pola UDC.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar