O Alcalde reitera a FEVE a necesidade de construir unha pasarela peatonal para acceder ó apeadero de Freixeiro

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
alcalde.jpg

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo contacto telefónico co gabinete do Director Xeral da Entidade Pública Empresarial Ferrocarriles de Vía Estreita (FEVE), Juan Díez López, que acaba de tomar posesión do seu cargo.

Aínda que a comunicación non foi directamente co director xeral, o Alcalde de Narón falou con persoal do seu gabinete, toda vez que acaba de producirse un relevo na dirección desta empresa, cesando no seu cargo ó anterior director xeral, co que o Alcalde de Narón xa mantivera contacto a finais do 2010.

Así o 23 de decembro de 2010 envióuselle a FEVE un escrito no que se solicitaba a construcción dunha pasarela peatonal no apeadeiro de Freixeiro, co fin de permitir o acceso ó mesmo por parte dos peóns. Dende a Alcaldía do Concello de Narón continuarase nas vindeiras semanas demandando esta intervención, que se antoxa necesaria debido ó peche da vía ata o acceso do apeadeiro, provocado pola valla instalada de xeito paralelo á rúa Cerrallón de Arriba.

O Alcalde de Narón continuará demandando a FEVE a construcción dunha pasarela peatonal que permita o acceso ós veciños da zona de Freixeiro ó apeadero, e facilite o tránsito cidadán.

 
xunta de galicia consellería de traballo e benestar