O Alcalde asiste á prantación de 50 árbores por parte dos alumn@s do Colexio Santiago Apóstol no exterior da Cementera de Rio do Pozo

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
foto familia.JPG

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos, asistiron hoxe á prantación de 50 árbores (de diversas variedades, coma hayas, carballos, e manzanos) no exterior da fábrica cementera de Rio do Pozo. Trátase dunha iniciativa promovida polo grupo Tudela Veguín, propietario da molienda, e que tivo como protagonistas  ós alumnos/as de 6º de Educación Primaria do Colexio Santiago Apóstol.

Eles foron os encargados de realizar a prantación das árbores, nun xesto que a directora xeral de Comunicación do grupo Tudela Veguín, Alicia Castro Masaveu, enmarcou na “política de protección das zonas nas que está presente este grupo empresarial, para sensibilizar ós rapaces e facelos ver que as empresas cumplen co respeto do entorno, acatando ó máximo as medidas medioambientais e de seguridade das nosas industrias”, declarou.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, coincidíu na idea de que “medioambiente e industria non teñen porqué estar reñidos, máis ben ó contrario, deben ir da mán coma neste caso concreto. A industria é necesaria para que unha cidade poida prosperar, pero tamén o é a protección do medioambiente para que nesa cidade haxa calidade de vida. E dende o Concello de Narón sempre imos a manter a nosa política de apoio á industria, pero respetando ó máximo ó medioambiente”, asentíu o rexedor.

A Cementera de Rio do Pozo foi adquirida no ano 2009 polo grupo asturiano Tudela Veguín, e dentro da súa política medioambiental teñen previsto realizar unha prantación semellante tódolos anos. Esta fábrica mantén na actualidade unha prantilla de 25 traballadores fixos, e produce unha media de 200.000 toneladas de cemento ó ano, aínda que está deseñada para elevar a súa producción ata 600.000 toneladas anuais.

 
xunta de galicia consellera de traballo e benestar