NOVAS

Nova edición de Lingua de namorar 2019

Publicado o 15 de Febreiro de 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

  • Categoría A (de 14 a 19 anos):
  1. Tablet SPC Gravity PRO
  2. Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
  3. Altofalante portátil DAEWOO
  • Categoría B (de 20 a 35 anos):
  1. Ordenador portátil HP
  2. Sistema de son NEVIR
  3. Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO

Consulta as bases do concurso no seguinte enlace.