Nova convocatoria formativa do Programa Municipal de Formación 2017

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Cursos_Programa2017.jpg

O 24 de xullo ábrese unha nmova convocatoria para todas e todos os desempregados de Narón, maiores de 18 anos. 

A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Narón entre as 08:30 e as 13:00 horas. O prazo ábrese o día 24 de xullo ás 08:30 horas e péchase o 9 de agosto ás 13:00 horas.

A documentación de solicitude está dispoñible na web do Concello de Narón en Servizos, formación e actividades municipais e no Rexistro Xeral.

A selección de participantes realizarase por orde de inscrición.

Os cursos programados son os seguintes:

  1. Prevención de riscos laborais.
  2. Medio Ambiente e PRL Naval.
  3. Traballos en altura e verticais.
  4. Mellora da empregabilidade.
  5. Hixiene Alimentaria para manipuladores de alimentos.
  6. Primeiros auxilios.
  7. Autoemprego.
  8. Carnizaría.
  9. Soldadura MAG.

Para este último curso, é preciso acreditar 6 meses de experiencia como soldador, achegando xunto á solicitude de inscrición no curso un informe de vida laboral actualizado e contrato/s de traballo que acrediten dita experiencia.

Descarga a información completa:

DocumentoTamaño
SOC14_2017.pdf215.22 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar