Noites saudables: 500 Prazas en balnearios para a mocidade a metade de prezo

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Noites saudables

Presentouse o programa Noites Saudables unha iniciativa que se desenvolverá durante o mes de abril en 9 balnearios e un centro de talasoterapia emprazados por toda a xeografía galega. A contía das estancias oscila entre os 61 e 97 euros segundo o programa termal que se escolla. A oferta sempre inclúe dous días en réxime de media pensión e habitación dobre con tratamentos específicos

O novo programa está dirixido a persoas de entre 18 e 35 anos. Os beneficiarios tan só deberán achegar a metade do custe total da estadía, xa que a iniciativa está cofinanciada nun 50%. Os participantes teñen a oportunidade de gozar dunha fin de semana diferente nun entorno que para moitos será unha novidade e onde a saúde e o benestar físico e mental é obxectivo primordial.

O prezo das estancias oscila entre os 61 e 97 euros, segundo o programa que se elixa. Así, por exemplo, as técnicas termais que se ofertan varían segundo o plan que se escolla. Deste xeito, a xuventude galega poderá beneficiarse de servizos como masaxes de relaxación ou hidromasaxes ata baños de burbullas e circuítos termolúdicos.

Inscricións e balnearios

Os interesados en participar neste programa poderán inscribirse a través dos teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 981 541 688, 981 545 937, 981 545 822 e 981 541 689. Para recibir máis información poderán dirixirse á páxina web www.xuventude.net.

Noites Saudables conta coa colaboración da Asociación de Balnearios de Galicia, Hospeco e Termaria-Casa da Auga da Coruña. Dentro da Asociación de Balnearios de Galicia colaboran nove establecementos: o balneario de Carballo; de Baños de Molgas; Arnoia Caldaria; Laias Caldaria; Lobios Caldaria; o hotel balneario de Río Pambre, en Palas de Rei; o hotel golf balneario de Augas Santas; o balneario de Lugo _Termas Romanas e, por último, as termas de Cuntis.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar