Mañá abre o prazo para o uso das instalacións xuvenís para a campaña de verán de 2019

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R1_run-1321278_640.jpg

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Poderán solicitar o uso das instalacións:

  • As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
  • Os consellos locais e municipais de xuventude.
  • As corporacións locais.
  • Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
  • Grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. 

As entidades locais, outras entidades, asociacións e escolas de tempo libre presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Consulta as bases e requisitos no seguinte arquivo engadido.

DocumentoTamaño
Anuncio_1.pdf616.96 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar