Lidérate! Desenvolvemento local para o emprego e o emprendemento

Versión para impresoraEnviar a un amigo
lidera.JPG

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social organiza esta iniciativa formativa centrada desenvolvemento persoal da mocidade como ferramenta de apoio á mellora das oportunidades de emprego e empredemento.

Cales son os obxectivos a acadar?

  1. Traballar no  “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal.
  2. Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
  3. Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das  propias cualidades.
  4. Mellora das habilidades de comunicación.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos. Desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, haberá un mínimo de 5 persoas por centro.

 

  1. Inscribímonos? Podemos facelo do 13 de abril do 2018 ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada en cada Espazo Xove.
  2. Como? Mediante o envío de formulario electrónico.
  3. Precisas máis información? Clica nesta ligazón!

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar