III Concurso de rock Deputación da Coruña

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
III Concurso de rock Deputación da Coruña

Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o III Concurso de Rock Deputación da Coruña de acordo coas seguintes bases:

Poden participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.

Os músicos integrantes dos grupos non poden formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.

A inscricin neste concurso realizarase no modelo normalizado que se facilitara no Rexistro Xeral da Deputación, na Sección de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.dicoruna.es, achegada da seguinte documentación:

  • Unha relación de compoñentes do grupo e instrumentos
  •  A acreditación de empadroamento na provincia da Coruña de, polo menos, un terzo dos compoñentes do grupo
  •  A descrición das súas necesidades técnicas, de montaxe e plano do escenario
  •  Unha breve biografía do grupo
  •  Un dossier fotográfico e de prensa
  •  O CD ou traballo discogáfico, que deberá conter un mínimo de catro temas compostos polo grupo. Se o CD tivese máis de catro temas, deberán indicarse os que sexan orixinais do grupo.
  • O material estará correctamente identificado cos datos do grupo.

As solicitudes de participación serán enviadas á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional, 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre III Concurso de Rock Deputación da Coruña.

O primeiro clasificado obterá un premio de 3.000 euros, o segundo e terceiro 1.500 euros e cuarto e quinto 1.000 euros. Ademais celebrarase un concerto dos cinco primeiros clasificados nun dos concellos da provincia da Coruña

Se desexan máis información accede á seguinte ligazón

 

DocumentoTamaño
impreso_participacion.pdf92.6 KB
 
xunta de galicia consellería de traballo e benestar