NOVAS

II Concurso de Música Infantil "Quero cantar"

Publicado o 27 de Marzo de 2017

Coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega, e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña, convoca o II Concurso musical infantil “Quero Cantar”

A quen vai dirixido? Poderán participar todos os grupos musicais de ámbito galego que presenten e interpreten unha composición con letra e música orixinais e inéditas e que estean formados por rapaces e rapazas de acordo coas seguintes categorías:

 

  1. Categoría A. Infantil => Idade: ata 12 anos. Número máximo de compoñentes: 12. Incluídas no límite de 12 participantes, haxa ata dúas persoas que superen o límite de idade (*)
  2. Categoría B. Xuvenil => Idade: de 13 a 16 anos. Número máximo de compoñentes: 12. Tamén se permite ata dúas persoas exentas do límite de idade, mais neste caso a excepción pode referirse tanto ao límite inferior coma ao superior. (*)

(*) En todo caso, de usarse esta posibilidade, o número de integrantes excepcionais debe significar menos da metade de membros totais do grupo. Ademais as persoas exentas nunca poden ser as voces solistas, nin formar parte do coro se este fose o intérprete principal do tema. No caso dun coro acompañante si poderán ser incluídas.

 

O límite de idade enténdese en referencia á data de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Para o efecto do límite de compoñentes, a persoa ou persoas que compoñan a música e a letra só contan como integrantes dun grupo se participan tamén na interpretación do tema.

 

  1. O prazo de presentación das solicitudes remata o 20 de xuño de 2017.

 

Consulta a información completa nas seguintes ligazóns:

 

  1. Web do concurso: http://querocantar.gal
  2. Bases do concurso: http://querocantar.gal/wp-content/uploads/2017/02/Bases-Quero-Cantar-2017.pdf
  3. Modelo de solicitude: http://querocantar.gal/wp-content/uploads/2017/02/Modelo-de-solicitude-2017.pdf

 

Participamos?