Entrega de diplomas de 6 accións formativas convocadas polas áreas de Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Entrega.jpg

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a edil de Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade, Natalia Hermida, entregaron no Concello os diplomas correspondentes a seis accións formativas das citadas áreas.

Estas convocatorias impulsadas desde a administración local dirixíronse a un total de noventa persoas. O alcalde e a edil naronesa felicitaron ás persoas que recibiron hoxe os seus diplomas por rematar con éxito algunha destas seis accións formativas. Así mesmo, animaron aos veciños e veciñas a continuar ampliando a súa formación “facendo uso dos diferentes programas impulsados desde o Concello para o colectivo, co fin de ofrecer á cidadanía a posibilidade de realizar accións formativas relacionadas con distintas áreas”.

No que respecta á área de Novas Tecnoloxías, concedéronse os diplomas ás persoas que remataron os cursos de “Marketing dixital: promoción comercial a través das redes Sociais”, “Trámites en liña e administración electrónica” e “A utilidade das TIC”. Cada un destes cursos dirixiuse a doce persoas e impartíronse na Aula Cemit de Xuvia, entre os meses de abril e xuño deste ano, tal e como recordou Hermida.

Así mesmo, entregáronse na área de Formación os diplomas de dúas convocatorias dunha acción formativa sobre “Certificacións UNE Carretilleiro + PEMP” –para doce persoas en cada quenda, ambas desenvolvidas en maio e xuño- e de “Preparación Competencias Clave Nivel 2” –unha edición para quince alumnas e alumnos-, que se desenvolveu entre abril e maio, se ben a segunda está programada entre os meses de novembro e decembro, con convocatoria aberta na actualidade-.

Por último, procedeuse a dar os diplomas dunha acción formativa da área de Mocidade, sobre “Xestión de vendas e atención ao público” –con quince prazas e impartido entre maio e xuño deste ano-.

Natalia Hermida destacou a importancia de ofrecer desde o Concello formación en todos os ámbitos, “facendo especial incidencia naqueles sectores que poden ter maiores posiblidades de inserción laboral” e indicou tamén que se convocan ao longo do ano accións formativas dirixidas a persoas de diferentes idades e, na maior parte dos casos, “priorizando que participen nas mesmas as persoas desempregadas”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar