NOVAS

#EMOTRAXE: Encontro Mostra Transfronteriza da Xuventude Emprendedora

Publicado o 11 de Decembro de 2017

#EMOTRAXE é un espazo de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento

Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozas, tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos.

EMOTRAXE desenvolverase o vindeiro sábado, 16 de decembro de 2017, entre as 10:00 e as 18:00 horas en Ferrol, no Auditorio de Ferrol.

PROGRAMA

  1. 9:30 h. Acollida e entrega da documentación.
  2. 10:00 h. Relatorio “Onde está o límite?”, Josef Ajram.
  3. 11:00 h. Inauguración e apertura oficial.
  4. 11:45 h. Pausa – Café.
  5. 12:15 h. Mesa redonda: Mocidade en movemento, o valor de tomar a iniciativa. Avelino Souto Rozados, Clube de xóvenes gandeiros e técnico asesor de Embriomarket. Minerva Pose Veiga, correspondente universitaria e membro de Erasmus Student Network na Universidade da Coruña. Ángel Rodríguez Cerdeira, Erasmus para xoves emprendedores. Silvia Folgueira Rico e Miguel Paz Pena, gañadores dos campionatos de FP Galicia e Spain skills 2017.
  6. 13:15 h. Mesa redonda: Competencias clave para superar o reto da inserción laboral e emprendemento. Ana Simoneta Rubido, Presidenta de AIESEC España Eduardo Guillén Solorzano, profesor da UDC e Delegado e membro da ICC (International Coaching Community para Oriente Medio) con base en Dubai. Luis García Deber, presidente da fundación Youth Business Spain e director xerente da Fundación Ronsel. Carmen José López Rodríguez., ex-presidenta da Federación Galega de Xóvenes Empresarios-AJE Galicia e Ana Vázquez Rodríguez, investigadora do grupo SCULCA da Universidade de Santiago de Compostela e membro da rede RIES.
  7. 14:15 h. Pausa-Xantar.
  8. 16:00 h. Relatorio “Emocións a través da mirada”, María J. Freire Franco “Sissi”.
  9. 17:00 h. Mesa redonda: Implicados ao 100%: iniciativas xuvenís con impacto social. Juan Pampillón Alonso Velasco, coordinador de proxectos da ONG Cooperación internacional. Verónica Verés Tasende, presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás. Marta del Río Arcos, directora autonómica de Cruz Vermella Xuventude. Pablo Rodríguez Paz, grupo informal Xóvenes do Xurés. Diego López Pedreira, axente de desenvolvemento comarcal e técnico da reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  10. 18:00 h. Peche

Presenta o Encontro, Rubén Riós.