Dameuntoke sae en papel

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Natalia Hermida, concelleira de Mocidade

A revista Dameuntoke (de 26 páxinas)  ten un estilo e liña editorial similar a da nosa web de mocidade, e neste primeiro número ofrece información sobre a asociación xuvenil Freeride Narón; reportaxes sobre o novo clube de piragüismo, as escolas deportivas municipais, a  Escola de Música Moderna; unha entrevista a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, ademáis de incluir unha reportaxe sobre as novas redes sociais de Internet.

A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou o primeiro número da revista “Dameuntoke”, da que se teñen editado 1.000 exemplares. Esta publicación gratuita terá una periodicidade trimestral, e no segundo número preténdese ampliar a tirada ata os 1.500 exemplares, para chegar ao maior número posible de rapaces e rapazas de Narón.

Esta revista distribuirase entre os estudantes de 3º e 4º curso de ESO (dos colexios Santiago Apóstol, Jorge Juan, Ayala, e O Feal) e os de bachiller e ciclos superiores de FP dos IES Terra de Trasancos e As Telleiras. En conxunto, o Concello repartirá 740 exemplares a estos mozos e mozas. O resto de revistas ata chegar ás 1.000 se distribuirán nos centros públicos municipais: o Pazo da Cultura, Casa da Mocidade, Escola de Música Moderna, clubes deportivos e locais sociais.

Segundo apuntou a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, esta publicación “ven a completar o proxecto iniciado o ano pasado coa páxina web dameuntoke, e a campaña de publicidade dirixida a desenvolver a comunicación entre o Concello e a mocidade de Narón, para dar a coñecer os recursos que teñen á súa disposición”, declarou.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar