NOVAS

Convocatoria aberta de selección de alumnado para accións formativas

Publicado o 20 de Setembro de 2018

O Concello convoca tres novas accións formativas dirixidas nesta ocasión a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e desempregadas

A concelleira responsable da área, Natalia Hermida indicou “O Concello programa ao longo do ano unha ampla e variada oferta formativa dirixida a diferentes colectivos e, na actualidade, estamos xa traballando nos cursos que se celebrarán ao longo do vindeiro 2019”.

O curso de Fontanería básica impartirase entre o 25 de setembro e o 14 de decembro e o de Auxiliar de cociña e de servizos de hostalería do 27 de setembro ao 15 de decembro. En ambos casos trátase de accións formativas, tal e como apuntou Hermida, que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e con 240 horas teóricas e 100 en empresas cada un deles.

O curso de Cultivos baixo abrigo e manexo de produtos fitosanitarios desenvolverase do 8 de outubro ao 4 de decembro nunhas instalacións da zona rural da parroquia do Val e consta, indicou a edil, dun total de 150 horas. 

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 21 de setembro e o lugar de presentación das mesmas é no Rexistro Xeral do Concello –en horario de 8.30 a 13.00-, donde se pode obter, ademais de a través de na Sede Electrónica, o formulario de solicitude. Tamén se poden presentar as instancias nos rexistros especificados na Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 377 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 e 1107). A información sobre o procedemento pode tamén consultarse na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/novasAccionsFormativas.pdf

Destinatarios/as: persoas desempregadas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos.

O requisito do empadroamento será verificado o último día do prazo de presentación de solicitudes e o da idade terá que cumprirse no primeiro día de execución da acción.

Prazo de solicitudes: Desde o 17 de setembro ás 8:30 horas ata o 21 de setembro de 2018, ás 13:00 horas. 

Poderanse admitir solicitudes fóra de prazo, sempre que existan prazas vacantes.

Lugares de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8:30 a 13:00 horas, así como os restantes rexistros de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Nas oficinas de correos, na forma que regulamentariamente se estableza. Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares en España do estranxeiro. Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros. En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello de Narón. 

Na inscrición deberá indicarse a orde de preferencia da acción concreta, cos números 1 e 2, se fora o caso. De non especificarse entenderase que a preferencia é por orde correlativa.

Selección de participantes: Por rigurosa orde de inscrición no rexistro e pola primeira opción que se solicita. Teranse en conta as segundas opcións, unha vez agotadas as primeiras se continúa habendo prazas vacantes

Reserva do 20% das prazas en cada acción formativa para derivación do Servizo Sociocomunitario, que de non cubrirse pasan a engrosar o ordinario por orde de inscrición.

Haberá que cumprir os requisitos específicos que requiren a realización das accións formativas, se fora o caso. 

Notificación aos participantes admitidos: se lles comunicará telefonicamente a súa admisión como participante no curso cunha antelación mínima de 3 días ao inicio de cada acción, sempre que cumpran os requisitos de acceso, sen prexuízo da notificación na forma elixida na solicitude. 

Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello o listado de persoas admitidas, suplentes e excluídas. 

Documentación a presentar, no caso de ser admitido/a: tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar), no prazo de  tres días dende a comunicación da admisión.

O alumnado seleccionado terá que comprometerse a cumprir as normas das accións formativas.

O concello resérvase a posibilidade de anular estas accións no caso de que non se cubra o 70% da participación prevista.

Para máis información, contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:

Angel Alvarez: 981 337 700, ext. 2602

Angela Lagoa: 981 337 700, ext. 1123

Margarita Fresnillo: 981 337 700, ext. 1120

Montse Garel: 981 337 700, ext. 1107 

E na sección de servizos, formación e actividades municipais da páxina web do Concello