Aberto o prazo para participar nos cursos de idiomas no estranxeiro

Versión para impresoraEnviar a un amigo
cursos.jpg

A Xunta de Galicia participa, xunto con outras 12 comunidades autónomas, na oferta 2010 de cursos de idiomas no estranxeiro. Nesta iniciativa poden participar mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, inda que nalgún colexio tamén admiten menores de 16 anos.

A oferta é tan variada como as condicións e prezos dos cursos, que van dende pouco máis de 400 euros ata os 6.000. Os idiomas que se poden aprender ou mellorar con esta iniciativa son o inglés, alemán, francés, ruso, italiano, portugués e chinés.

Atoparás a información que precisas na seguinte ligazón ou chamando ao teléfono 981.544.851

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar