NOVAS

Aberto o prazo de inscrición nunha nova andaina do programa municipal "Ponte en ruta con nós" que terá lugar o 28 de maio

Publicado o 02 de Maio de 2017

O Padroado de Deportes de Narón abriu hoxe o prazo de incrición na vindeira andaina do programa municipal "Ponte en ruta con nós", coorganizado ca empresa Arasti Barca.

Nesta ocasión os camiñantes deberán estar o 28 de maio, ás 9:00 horas no pavillón polideportivo de Gándara, desde onde o autobús os levará ata a igrexa de Sedes, donde comezará a camiñata a pé cara o pavillón de Gándara, por un tramo duns 20 Km.

As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo de Gándara cubrindo unha instancia e aboando unha cuota de tres euros, co que pagan os gastos de desprazamento en autobús dos participantes. O horario para poder anotarse é de luns a xoves, de 10:00 a 13:00 e desde as 16:30 ata as 18:30 horas, e os venres de 9:00 a 13:00. Non poden participar neste programa menores de 18 anos sen ir acompañados de sus pais ou titores legais.