3ª Convocatoria bolsas Leonardo da Vinci proxecto MoGal
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre prazo de envÃo de solicitudes para participar no 3º proceso de selección de bolseiros Leonardo da Vinci dentro do proxecto Mogal promovido ao abeiro do Programa europeo de Aprendizaje Permanente.
As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a partir de setembro que incluen formación cultural e lingüÃstica, perÃodo de formación en prácticas no paÃs de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante, aloxamento en habitacións dobres, seguro e viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 200 euros.
Os paÃses de destino son:
- 12 estancias en Irlanda.
- 12 estancias en República Checa.
- 4 estancias en Holanda.
- 20 estancias en Francia.
- 20 estancias en Italia.
As persoas solicitantes deben:
- Ser galegos ou galegas residentes en Galicia.
- Ter entre 18 e 30 anos.
- Ter titulación de FP ou universitaria.
- Non ter disfrutado ningunha outra bolsa Leonardo.
- Cumplimentar e enviar entre as 00:00 h do 17 de xuño e as 24:00 horas do 15 de xullo os documentos que se anexan (CV no idioma do paÃs de destino e formulario de solicitude no idioma preferido) ao enderezo electrónico galeuropa@xunta.es
- Asistir á xornada de selección que se notificará mediante envÃo de correo electrónico a todas as persoas solicitantes.
Hai modelos de CV europeo en todos os idiomas en: http://europass.cedefop.europa.eu/europass/home/hornav/Downloads/Europas...
Para máis información en www.xuventude.net apartado programas europeos, no enderezo electrónico galeuropa@xunta.es e no tfno 881 999 567 (8 a 15h).


Concello de Narón