Marzo 2020

  • Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2021

    homework-3235100_640_R.jpg

    Os mozos e mozas galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude dotado de 125 medidas pensadas para e coa xuventude, en seis ámbitos prioritarios de actuación: emprego e emprendemento, rural, talento e creatividade, formación, participación e Xacobeo 2021.

    O Plan tamén incorpora a posta en marcha dunha estratexia de comunicación máis directa coa mocidade a través do canal de whatsapp e foros de debate territoriais.

     
  • Iniciativa Xove 2020

    run-1321278_640_R.jpg

    Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

    Participarase de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

     
  • Axudas para os permisos de condución clases B e C

    lead-754291_640_R.jpg

    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

    O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.

    Requisitos das persoas solicitantes:

     
  • Aberto o prazo do Concello para inscribirse nun curso de Xestión de almacén-loxística

    almacen.jpg

    O curso vai dirixido a persoas maiores de 18 anos e terá unha duración de 295 horas, 100 delas correspondentes a prácticas profesionais non laborais.

     
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar