Xuño 2012
Inscrición nos ciclos formativos de grao medio e superior de Galicia
No DOG do 18 de xuño de 2012, publícaronse as datas para solicitar praza nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.
Os prazos serán os mesmos, tanto para o réxime ordinario presencial como para o réxime de persoas adultas nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia:
Coñece Europa: InterRail 2012
Amigos e amigas está en marcha un programa piloto de dinamización do InterRail coa finalidade de fomentar a mobilidade entre a mocidade galega. Deste xeito ofértase a posibilidade de viaxar en grupo acompañados dun voluntario de mobilidade en dous itinerarios distintos:
Prazas nas residencias xuvenís
Convócanse 225 prazas para mozos e mozas nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2012/2013, no réxime de internado. As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 10 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2012 e o 30 de xuño de 2013.
Prazas:
Cronograma do 10º ENCONTRO DE MOCIDADE “ A MOCIDADE E A MÚSICA”
ATENCIÓN! POR MOR DO MAL TEMPO, TODAS AS ACTIVIDADES DO X ENCONTRO DA MOCIDADE REALIZARANSE NO INTERIOR DO PAVILLÓN DA CASA DA MOCIDADE(RÚA COLMEOTE S/N. A GÁNDARA).O vindeiro venres 15 de xuño temos unha cita no décimo Encontro de Mocidade que ten o lema para este ano de "A mocidade e a música". Durante todo o día poderedes desfrutar dun bo número de actividades que vos detallamos a continuación.
Animádevos a participar!
A 6ª XIRA GALEGA DE KARTING CHEGA A NARÓN O XOVES 7 DE XUÑO
Este xoves 7 de xuño chega a Narón o circuito urbano de karting da Xira Galega de Karting, que se instalará no Aparcadoiro do Pazo da Cultura ao longo da vindeira fin de semana. A actividade está promovida polo Concello de Narón a través do Padroado de Deportes, que nesta ocasión conta co patrocinio de "La Caixa", así como diferentes empresas comerciais que ofrecen soporte á Xira Galega de Karting. O circuito inaugurarase o día 7 e permanecerá aberto ata o domingo 10.





Concello de Narón