Abril 2012

  • Campamentos de Verán

    buzeando.jpg

    O Concello de Narón abrirá o venres 27 de abril e ata o venres 1 de xuño o prazo de solicitude para participar nos Campamentos Deportivos 2012 da Deputación de A Coruña. Os interesados poderán obter a documentación e formalizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:30 horas, e os sábados de 9 a 13 horas. Tamén se pode obter información nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, e na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

     
  •  
  • Imaxes con Fondo

    imaxesconfondo_300x339.gif

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprende neste 2012 co concurso ‘Imaxes con Fondo’. O concurso é unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.

     
  • O Concello financia a súa parte correspondente das Escolas Infantis

    A Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas celebrada no Concello aprobou unha modificación de créditos pola cal se consigna unha partida de 337.000€ para o mantemento das Escolas Infantis Municipais durante o primeiro trimestre do curso 2012-2013 (de setembro a decembro). Estos cartos corresponden á financiación que aportará o Concello de Narón para o mantemento deste servizo, e que supoñen un terzo do total (os outros dos terzos se repartirían entre os usuarios e a Xunta de Galicia).

     
  • Aberta a convocatoria para os campos de traballo Verán 2012

    Acción Verán 2012

    Xa podedes consultar as novidades con respecto aos "Campos de Traballo 2012". Podedes consultalas na web "Acción de Verán 2012”: prazas ofertadas, condicións xerais, documentación a entregar, información e teléfonos...

     
  • Erasmus para mozos emprendedores

    Información de Dameuntoke Narón sobre o programa Erasmus para Emprendedores

    O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa.

    Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados cos cales conviven e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estanza está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.

    Vantaxes:

     
  • Concurso "Crea a túa banda deseñada"

    banda.gif

    Amigos e amigas de Narón temos unha boa oportunidade para participar nun concurso onde se valorarán as mellores bandas deseñadas. Só precisamos imaxinación e crear unha historia na nosa lingua e no marco xeográfico da Cidade da Cultura.

    Poderemos concorrer ao concurso todas aquelas persoas de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega.

    Botádelle un ollo ás bases do concurso e moita sorte!

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar