Marzo 2012

  • A COMUNIDADE EDUCATIVA DE NARÓN ACORDA UN CALENDARIO DE ACCIÓNS E MOVILIZACIÓNS CONTRA O PECHE DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS

    ga.jpg

    A Xunta de Galicia négase a financiar a súa parte correspondente nas xestión das garderías públicas para evitar o seu peche no curso 2012-2013.

     
  • Escolares do CEIP de A Gándara prantaron nove árbores cedidas polo Concello de Narón con motivo da celebración do Dia Mundial da Arbore

    plantacion.JPG

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asistíu á prantación de nove árbores no exterior do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de A Gándara.

    As especies (foron doadas polo Concello de Narón, e prantáronse entorno á  pista deportiva exterior con motivo do Día Mundial da Arbore, que hoxe se conmemora.

    Cada unha das árbores foi prantada polos alumnos/as de cada un dos niveis educativos do colexio (3 cursos de Educación Infantil, e 6 cursos de Educación Primaria), que ten matriculados actualmente a 465 estudiantes.

     
  • O Concello e a Asociación Xuvenil de Tempo Libre ‘Croio’ asinan un convenio de colaboración para a recuperación das beiras do río Xuvia

    croio 2.JPG

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da asociación xuvenil de tempo libre Croio, David Corral, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de protección do medio ambiente.

    En concreto, o acordo permitirá a recuperación das beiras do río Xuvia, por parte dos mozos e mozas que forman parte da asociación, e tratando de sumar ó maior número de mocidade posible. Ademáis, preténdese axudar á recuperación do bosque e das especies autóctonas, e paliar así a degradación medioambiental.

     
  • VIII Mostra da Camelia ‘Cidade de Narón’

    vi_129435_2227752_415423.jpg

    O Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón” acollerá os días 24 e 25 de marzo a VIII Mostra da Camelia e o 4º Concurso de Flor de Camelia ‘Cidade de Narón’ no que participarán un total de 34 expositores procedentes de toda Galicia, que colocarán os seus exemplares de camelias nos 70 m2 habilitados para a mostra..

     
  • Programa ConciliaEscola para esta Semana Santa

    cometas.jpg

    A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven convocar unha nova edición do programa ConciliaEscola, dirixido a mulleres traballadoras con fillos/as ó seu cargo. Co obxectivo de ofrecer servizos para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, ofréceselles este servizo, dirixido a nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

     
  • Mocidade en FORMAción

    mocidade_en_FORMAcion.png

    INSCRICIÓNS E RESERVAS:

     
  • O Concello mellora o aspecto e a permeabilidade dos camiños do Parque Fluvial do Río Freixeiro

    CIMG6217.JPG

    A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, está a levar a cabo unha campaña de mantemento e mellora dos parques públicos de Narón, de cara ó seu disfrute por parte de tódolos veciños e veciñas agora que se achega o bo tempo.

     
  • O Alcalde e escolares de Primaria participan na prantación de árbores no exterior da Cementera de Castro

    CIMG6211.JPG

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, participaron na prantación de 45 árbores no exterior da fábrica de Cementos Occidentais, en Castro. Esta iniciativa, na que tamén colaboraron un grupo de 36 alumnos/as de 6º de Primaria do Colexio Santiago Apostol, forma parte dunha campaña de sensibilización medioambiental promovida polo grupo Masaveu, propietario da fábrica de cemento. En concreto, prantáronse magnolios e árbores autóctonas frutais, coma manzanos, perais e nogueiras.

     
  • Amplíanse as prazas da Piscina Terapéutica de A Gándara creando tres novos grupos

    piscina.jpg

    A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de crear neste mes de marzo dous novos grupos de natación na piscina terapéutica do complexo polideportivo municipal de A Gándara. En concreto, trátase dun grupo de Natación para bebés (con 10 novos usuarios) e outro grupo de Recuperación Funcional, ós que se unirá en abril un tercer grupo de Natación Terapéutica (con outros 10 usuarios).

     
  • O Concello de Narón convoca o III Concurso de Monólogos en lingua galega “Que me dis!!”

    microblablabla.jpg

    A Concellería de Educación do Concello de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada Cortizas, convoca, a través do Servizo de Normalización Lingüística, a 3ª Edición do Concurso de monólogos Que me dís!!. O obxectivo deste concurso é a promoción do emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía.

     
  • Formación en linguas estranxeiras no ano 2012

    idiomas5.jpg

    A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2012, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

    O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2012, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2012-2013.
    Requisitos:

     
  • Campaña de verán: Acción de Verán 2012

    voluntario2.jpg

    A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan no só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

     
  • Aberto o prazo de preinscrición para as tres Escolas Infantís Municipais

    niño con gorra.JPG

    O Concello de Narón abriu o prazo de preinscrición para matricularse nas Escolas Infantis Municipais (A Solaina, Piñeiros e A Gándara) de cara ó vindeiro curso escolar 2012-2013. O prazo de solicitude finaliza o sábado 31 de marzo.

     
  • I Exposición Canina ‘Cidade de Narón’

    439722_249px.jpg

    O Recinto Feiral do Trece (Sedes) acollerá os días 3 e 4 de marzo a I Exposición Canina ‘Cidade de Narón’ que reunirá a máis dun centenar de cans de raza, que disputarán o punto para o Campionato Galego de Cans de Raza (o título de campión galego acádase ó lograr os 4 puntos).

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar