Febreiro 2012

  • A Oficina Municipal de Información Xuvenil atendeu no segundo semestre do ano 2011 máis de 2.300 persoas

    Natalia_Hermida.jpg

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello e dependente da Concellería de Mocidade que dirixe a edil Natalia Hermida, atendeu no 2º semestre do ano 2011 a un total de 2.358 persoas.

    Do total das consultas, 998 corresponderon a homes e 1.360 a mulleres, clasificándose nos seguintes grupos de idade:

     
  • Airiños de Rock&Roll

    AIRIÑOS DE ROCK&ROLL II Edición 2012.jpg

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Segunda Edición do Encontro de músicos Airiños de Rock&Roll, que se celebrará no Coliseum da Coruña o 12 de maio, e no que dous grupos participantes terán a oportunidade de tocar en directo acompañando a LEIVA de Pereza.

    No encontro de músicos haberá unha "Masterclass" co guitarrista Pedro Andrea. Entre os grupos inscritos distribuiráse un número limitado de invitacións (ata que se esgoten), para acceder ao encontro "Airiños de Rock&Roll" e ao concerto de LEIVA.

     
  • I Copa Benefica de Agility ‘Cometa’

    20071102143417-perro.gif

    A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa a I Copa Benéfica Agility ‘Cometa’ acompañada por membros desta asociación, organizadora do evento,  no que colabora o Padroado de Deportes do Concello de Narón.

     
  • Chega o entroido a Narón, programa para o sábado 18 de febreiro de 2012

    sumo.jpg

    E un ano máis chegou a entroido. Disfraces, comparsas, concursos, festivais, pasarúas no noso concello e en especial no Pazo da Cultura.  Este é o programa para maña Sábado, 18 de febreiro.

    17:00 horas:   Concentración de Comparsas na Praza de Galicia.
    17:30 horas:   Inicio do pasarúas cara ao Pazo da Cultura.
    18:00 horas:   Inicio do Concurso de Comparsas no Pazo da Cultura

    OS CONVITES, PARA ASISTIR COMO PÚBLICO Ó FESTIVAL, PODERÁN RETIRARSE NA BILLETEIRA DO PAZO DA CULTURA

     
  • Mozos e mozas aquí tedes o programa de Xuventude para os meses de febreiro - marzo

    sorpresa.jpg

    Aproveitade as oportunidades. En Dameuntoke informámosvos das actividades que se van a realizar nos meses de Febreiro e Marzo, algunhas delas son moi interesantes e outras non tanto, xa sabedes isto vai para gustos.

    En todo caso engadímosvos o programa de actividades para que poidades escoller, anotarvos e participar.

    Este elas destacan:

     
  • O Concello recolleu máis de 12.000 litros de aceite de cociña usado nos últimos 2 anos para a súa reciclaxe

    O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, ofreceu os datos de recollida de aceite de cociña usado, realizada polo Concello nos últimos dous anos. Estas cifras constatan o bo uso que os veciños estanlle a dar ós seis colectores de recollida de aceite doméstico, instalados en abril do ano 2010 nos seguintes lugares: Praza de Santa Icía, Praza de A Gándara, Estrada de Castela (nº 50-52), rúa 25 de Xullo (frente ó Centro Comercial de Narón), Estrada de Castela (nº564 –Piñeiros-) e Praza do Xulgado de Paz (Xubia).

     
  • Entroido Narón 2012

    490-disfraz.jpg

    Sábado, 18 de febreiro

     
  • O Concello intensifica os seus recursos de apoio á empregabilidade para ofrecer formación e orientación laboral ós desempregados

    JobssyJornadasUPM.jpg

    A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a aumentar os recursos municipais de cara á mellora da empregabilidade  e inserción laboral das persoas desempregadas de Narón.

    Así, o Concello dispón de oito persoas adicadas á búsqueda de emprego:

     
  • A Biblioteca Municipal de Narón achégase aos 14.000 soci@s o que avala a calidade do servizo prestado

    lectura.jpg

    A Concelleira de Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, ofreceu as cifras de socios e préstamos efectuados no ano 2011 na Biblioteca Municipal, que veñen a respaldar a evolución positiva que está a acadar este servizo público, cun elevado número de usuarios de Narón e comarca.
    Así, segundo apuntou a edila, o número total de préstamos realizados no 2011 ascendeu a 28.189 volumes prestados, cunha media de 99,61 préstamos ó día. (Estos números incrementáronse respecto ó ano 2010, cando se prestaron un total de 25.483 volumes).

     
  • Amplíase o prazo de inscrición para o Curso de Socorrista Acuático Profesional ata o venres 17 de febreiro

    O Padroado de Deportes do Concello de Narón ven de ampliar o prazo de inscrición para o Curso de Socorrista en Instalacións Acuáticas e en espazos Acuáticos Naturais, ata o vindeiro venres 17 de febreiro. Deste xeito, o inicio do curso fíxase para unha semana máis tarde do establecido inicialmente, é dicir, para o fin de semana do 24—25 e 26 de febreiro.

     
  • Semana europea da capacitación dixital: Project Passion

    HIDDEN_264_10503_FOTO_periodismo-digital-uma1.jpg

    Para facilitar que os mozos europeos aproveiten mellor as oportunidades de traballo derivadas da tecnoloxía dixital, a Comisión Europea levará a cabo, entre o 26 e o 30 de marzo de 2012, a campaña de sensibilización "Semana europea da capacitación dixital".Como parte desta campaña, a Comisión lanzou unha oportunidade moi interesante para os mozos, o concurso denominado Project Passion.

     
  • Segue aberto o prazo de inscrición do Curso de Socorrista Acuático Profesional

    sos.jpg

    O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición para matricularse no Curso de Socorrista Acuático Profesional organizado pola Fundación Universidade de A Coruña (a través do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.

    O prazo de inscrición remata o día 10 polo que aínda vos podedes dar de alta, aproveitade a ocasión.

     
  • Festival de Comparsas

    1.jpg

    O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 18 de febreiro o tradicional Festival de Comparsas organizado polo Padroado de Cultura de Narón. Será a partires das 18:00 horas, e para asistir como público será preciso retirar as entradas (gratuitas) nas billeteiras do Pazo a partires do día 13 de febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas. Entregaranse un máximo de dúas invitacións por persoa.

     
  • o auditorio de Narón acolleu a XIII Gala da Federación Galega de Triatlón e Pentatlon Moderno

    trialton_peque.jpg

    O Auditorio da Praza de Galicia acolleu o sábado a XIII Gala da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, na que se homenaxeou ós mellores deportistas do ano 2011, entre os que destaca o naronés Brais Canosa (que aínda que compite co Club Arcade Inforhouse de Santiago, entrena co Club Náutico de Narón).

     
  • Expansión da Internet na zona rural

    Internet-300x225.jpg

    O Concello de Narón, en colaboración coa empresa concesionaria do servizo de Internet na zona rural (Inalámbrica.es) está a ultimar a ampliación da rede de telecomunicacións para mellorar a recepción en zonas de especial dificultade e chegar así á totalidade de núcleos do rural.

     
  • O Concello oferta dez prazas de libre concurrencia dentro da Oferta Pública de Emprego correspondente ó ano 2011

    trabajo-en-equipo.jpg

    O Concello de Narón ten en marcha a Oferta Pública de Emprego (OPE) correspondente ó ano 2011, formada por 10 prazas de libre concurrencia (oposición) e outras 9 prazas de promoción interna.

    O concurso para a provisión destas últimas xa foi resolto, e os seus titulares tomaron posesión no día de hoxe. Trátase de postos do nivel C1 correspondentes ás xefaturas de negociado de Atención Cidadá, Rexistro, Caixa, Alcaldía, Intervención, Servizo Sociocomunitario (2 prazas), Obras e Sanidade.

    Respecto á oferta pública de emprego, o Concello oferta as seguintes prazas:

     
  • Aberto o prazo de inscrición do Curso de Socorrista Acuático Profesional

    1270063879.jpg

    O Concello de Narón abre o prazo de inscrición para matricularse no Curso de Socorrista Acuático Profesional organizado pola Fundación Universidade de A Coruña (a través do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.

    Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, ata o venres 10 de febreiro. A cota da mesma é de 500 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros.

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar