Decembro 2011

  • O Concello e a empresa Vitaldent asinan un convenio de colaboración en materia de educación vial

    CIMG6030.JPG

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o delegado da firma Vitaldent en Narón, Amador Lores, asinaron un convenio de colaboración en materia de educación vial.

    Este acordo supón a primeira colaboración entre a administración municipal e esta empresa privada, para a realización de actividades de educación vial durante os anos 2012 e 2013 nos centros educativos de Narón.

     
  • O Padroado de Deportes inicia o vindeiro luns o programa Depornadal con 154 nen@s inscritos nas 9 actividades deportivas ofertadas

    O Padroado de Deportes do Concello de Narón iniciará o vindeiro luns 26 de decembro o programa Depornadal 2011, destinado a nen@s de 6 a 12 anos empadroados en Narón.

    En total, están inscritos 154 participantes, que se dividirán en dous grupos en función das idades: de 6 a 9 anos (94 nen@s) e de 10 a 12 anos (60 nen@s). Os horarios definitivos de Depornadal son os seguintes:

     
  • Premio Carlomagno de la Juventud 2012

    contenidos_1044200144_premio carlomagno 2012_p.jpg

    Si tes entre 16 e 30 anos podes presentar o teu proxecto antes do 23 de xaneiro de 2012. O Parlamento Europeo e a Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán convidan un año máis os mozos/as de todos os Estados membros da UE a presentar proxectos que promovan a integración e faciliten a comprensión entre os diferentes pobos de Europa.

    Os proxectos poden centrarse na organización de diversos actos destinados os mozos/as, intercambios de mozos ou proxectos de Internet que presenten unha dimensión europea.

     
  • Curso de Director de Tempo Libre

    MONITOR.jpg

    A Escola de Tempo Libre Tempús Narón vai impartir un curso de director de actividades de tempo libre en Narón do 26/12/2011 ao 17/03/2012.

    No local da Asociación de Veciños “Alto do Castiñeiro” de Narón.

    Enderezo: Rúa Manoel Antón, nº 7 C.P.15570 Narón (A Coruña).

    Teléfonos: 881 933 797// 657 927 540

     
  • Máis de 600 persoas inscritas no memorial Adolfo Ros de Atletismo

    adolfo.jpg

    O memoria Adolfo Ros de Atletismo, que se celebrará este domingo, está a ter un respaldo estupendo. O equipo do Padroado de Deportes de Narón leva máis de dous meses nas tarefas de organización, que comparte coa colaboración dos Concellos de Neda, Fene e Ferrol. “Creo que vai ser un éxito polo proceso de inscrición con máis de 600 deportistas apuntados entre a carreira absoluta e as carreiras de base” indica Natalia Hermida concelleira de deportes e mocidade do Concello de Narón.

    Conseguir incrementar a participación popular

     
  • Festival Solidario Ong Lena

    211102_130144387050075_861838_n.jpg

    A ONG LENA de Narón, celebra o xoves día 22 de decembro, no Pazo da Cultura, a sétima edición do Festival Solidario Ong Lena.

    Trátase dun espectáculo que combina representacións teatrais e actuacións musicais e de danza, na que participarán actores e actrices de primeiro orden, que crean espectáculos exclusivos para este festival.

    As entradas, a un prezo de 8 euros, están á venda na billeteira do Pazo, de luns a venres, de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas.

     
  • III Xornada Moteira Solidaria

    Encuentro_Motero__49_.JPG

    O Motoclub Fojeteiros de Narón, en colaboración co Concello de Narón, organizará este sábado 17 de decembro a III Xornada Moteira Solidaria “Todos con una sonrisa”. Trátase dun evento benéfico e solidario que ten como obxectivo a recollida de alimentos e xoguetes para entregar a Cáritas Diocesana de Narón, que á súa vez distribuirá entre as persoas e familias máis necesitadas de Narón e comarca.

     
  • DeporteNadal en Narón, unha nova edición do programa de ocio para nenos e nenas

    postalgran.JPG_.jpg

    A Concellería de Deporte de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar o programa de ocio deportivo Depornadal 2011, dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos.Segundo nos explicou Natalia esta oferta trátase dunha alternativa de ocio cunha doble vertiente. “Queremos fomentar a práctica do deporte ofrecendo unha alternativa divertida, e saudable ós nenos/as en idade idade escolar, e tamén facilitar a conciliación familiar durante estas datas nas que os nenos teñen vacacións”.

     
  • Exposición pictórica da artista naronense Ana Vigo

    biblio.jpg

    Ata o 10 de decembro podedes desfrutar da exposición pictórica da artista naronense Ana Vigo.

    A exposición consta de 9 láminas enmarcadas e realizadas coa técnica do carboncillo, grafo e pluma de secuencias de retratos e paisaxes así como viñetas e  e visións de esculturas e pinturas doutros artistas.

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar