Setembro 2011
A Oficina Municipal de Turismo rexistrou máis de 260 visitas durante os meses do verán
A Concellería de Turismo do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez Casal, mantivo aberta a Oficina Municipal de Turismo –situada no parque fluvial de Freixeiro- durante os meses de verán. Neste período de tempo pasaron por este lugar un total de 266 persoas, que solicitaron información sobre o municipio.
Tendo en conta o número de grupos atendidos, e o promedio de 3 persoas por grupo –das que unha entraba na Oficina e o resto agardaba na porta- o resultado é de 798 persoas atendidas neste período de tempo.
Bono bus universitario
A Concellería de Ensino de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, abre o luns 26 de setembro o prazo para solicitar o bono-bus universitario para alumnos/as da Universidade de A Coruña.
Estas bonificacions permitirán ós usuarios unha subvención do 75% do prezo do billete (o Concello aporta o 50% e a Universidade da Coruña outro 25%) de xeito que tan só deberían pagar o 25% restante.
Préstamo de bicicletas en nove puntos de Narón
O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Xefa da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do INEGA, Paula Uría, presentaron o servizo de préstamo de bicicletas “Naron Roda”. Trátase dunha rede de nove estacións instaladas ó longo do termo municipal de Narón, con capacidade total para 76 bicicletas.
Obradoiros para a Mocidade
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a organizar dous Obradoiros sobre Orientación Laboral e Técnicas de Oratoria, que se desenvolverán os días 17 e 28 de outubro respectivamente, no sótano da Biblioteca Municipal, en horario de 19 a 21 horas.
Xogos Solidarios
A Praza de Galicia acollerá o sábado 24 de setembro ás 16:30 horas unha nova edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena (realízanse dúas veces ó ano, coincidindo co inicio e o remate do curso escolar). Dado que os xogos realizaránse ó aire libre, en caso de choiva trasladaranse ó Pavillón da Mocidade (A Gándara).
A organización dos Xogos Solidarios conta coa colaboración da Concellería de Mocidade do Concello de Narón. A organización repartirá agasallos entre os participantes.
A relación de actividades propostas é a seguinte:
I Carreira Solidaria da ONG Lena
A ONG Lena, con sede en Narón, está a organizar en colaboración co Padroado de Deportes de Narón, a tenda deportiva Décimas e o Club de Atletismo Afflelou Narón, a I Carreira Solidaria que terá lugar o domingo 2 de outubro, a partires das 10:00 horas, con saída e chegada na Praza de A Gándara.
Matricula nas Escolas Culturais do Concello de Narón
O Padroado de Cultura do Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 7 de outubro o prazo de matriculación para as Escolas Culturais Municipais. Os trámites pódense realizar no Pazo da Cultura, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 391 144.
A relación de Escolas Culturais ofertadas para este curso 2011/2012 é a seguinte:
O Pazo da Cultura acolle esta fin de semana a estrea da última obra da compañía Lagarta Lagarta
O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou en rolda de prensa a estrea teatral que acollerá o Pazo da Cultura esta fin de semana (os días 16 e 17 de setembro). Trátase da obra “Unha hora na vida de Stefan Zweig” da compañía Lagarta Lagarta. A directora da mesma, Rosa Álvarez, e os actores principais (Ernesto Chao e Belén Constenla) acompañaron ó edil na presentación desta peza teatral.
Narón acolle a primera etapa da X Volta Ciclista a Galicia
A primeira etapa da X Volta Ciclista a Galicia disputarase o venres 16 de setembro en Narón, con saída e meta no mesmo punto (rúa Cataluña, frente ó Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’). A presentación dos equipos será ás 12:30 horas, o control de firmas de 13:15 a 13:45 horas, e a saída ás 14:00 horas, estando prevista a chegada ás 17:45 horas aproximadamente.
Roteiros 2011
O programa “Roteiros”, da Consellería de Traballo e Benestar, ofertará un total de 500 prazas en estadías de fins de semana multiaventura aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos. A iniciativa prolongarase desde o 16 de setembro ata o 18 de decembro.
As estadías terán lugar en instalacións propias da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. En concreto, será no albergue xuvenil de Pontemaril, en Forcarei (Pontevedra); e no albergue de Gandarío en Bergondo (A Coruña).
Comarcal A Fervenza estréase ante a súa afección
O primeiro equipo do Comarcal A Fervenza estréase ante a súa afección nesta tempada 2011-2012.
Programación cultural do último cuatrimestre do ano do Padroado de Cultura
O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o director técnico do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, presentaron en rolda de prensa a programación de teatro e música que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura.
Bolsa de Vivenda Xove en Aluguer
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co INJUVE poñen en marcha a Bolsa de Vivenda Xove en Aluguer.
Este programa ten como finalidade facilitar o acceso á vivenda, mediante á xestión gratuíta do aluguer de vivendas en condicións económicas maís favorables ás do mercado, ofrencendo ademáis aos propietarios garantías adicionais, a través dun segundo multirriscoe un seguro de caución que lles aseguran cobrar as rendas dun ano.
“O enriquecemento cultural e formativo”
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o alclade José Manuel Blanco visitaron o campo de traballo de Narón.
A Xunta ofertou un total de 8.000 prazas destinadas á mocidade en accións de mobilidade en 2010.
Novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego nas seguintes competencias clave:



![jovenes cooperantes[1].jpg jovenes cooperantes[1].jpg](http://www.dameuntoke.es/sites/default/files/images/jovenes cooperantes[1].noticias_preview.jpg)







Concello de Narón