Xuño 2011
3ª Convocatoria bolsas Leonardo da Vinci proxecto MoGal
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre prazo de envío de solicitudes para participar no 3º proceso de selección de bolseiros Leonardo da Vinci dentro do proxecto Mogal promovido ao abeiro do Programa europeo de Aprendizaje Permanente.
Xuventude publica unha “Guía de Verán” para axudar á mocidade a organizar as súas vacacións ou para atopar traballo no verán
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de publicar unha “Guía de verán”, destinada a axudar á mocidade a organizar as súas vacacións durante os próximos meses. Nela, proporcionáselles recursos tanto para viaxar, como para axudalos a atopar un traballo, prácticas para estudantes ou outras actividades formativas.
O Pazo da Cultura acollerá a primeira exposición da nova asociación ‘Narón Amigos del Arte’ (NARART)
O Pazo da Cultura de Narón será o escenario elexido para a inauguración, mañá venres ás 19 horas, da primeira exposición da asociación ‘Narón Amigos del Arte’ (NARART). Trátase dunha nova entidade cultural, que amosará as súas primeiras creacións nunha mostra colectiva que permanecerá exposta no hall do Pazo da Cultura do 24 de xuño ó 1 de xullo. Poderá visitarse en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas.
Guia de Verán 2011
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, acaba de publicar a guia de verán 2011 co obxecto de ofrecerlle a xuventude galega información que lle pode ser útil a hora de planificar e organizar as súas vacacións de verán.
Os nenos de Narón pintan “de luxo” a auga
Seguindo o lema da IV Edición do Concurso de Debuxo Infantil de Cosma, ‘A auga, o luxo mais transparente”, os escolares de Narón presentaron 278 traballos ao certame deste ano.
Xa se pode consultar a lista de gañadores e finalistas do concurso nas oficinas de Cosma e na páxina web www.cosmanaron.es.
O auga foi, un ano mais, a protagonista entre os debuxos dos nenos de Narón. 278 escolares presentaron os seus traballos na IV Edición do Concurso Anual de Debuxo Infantil de Cosma.
O Alcalde entrega os diplomas de dous cursos de formación nas especialidades de Cristaleiro e Soldador, cun total de 9 alumnos
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou hoxe os diplomas correspondentes a dous cursos de Cristaleiro e Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras. En total foron 9 alumnos os que superaron con éxito estas ensinanzas.
O Concello e Aldea Nova editan unha guía ornitolóxica sobre as aves que habitan o parque temático de Sedes
O Concello de Narón e a entidade que xestiona o Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova, acaban de editar 1.000 exemplares dunha guía sobre Aves do contorno do Parque Aldea Nova e do Río Xuvia, que hoxe foi presentada en rolda de prensa.
A parroquia de O Val recreará este sábado a 14ª edición das Lendas da Pena Molexa
A parroquia de O Val, concretamente o lugar de Vilasuso, recreará este sábado 18 de xuño a 14ª edición das Lendas da Pena Molexa. Trátase dunha recreación da historia dunha Pena que se convirte en fada ou doncella na noite do solsticio de verán e das Penas que se convirten en guerreiras/os co seu señor do Castro de Vilasuso, nesa mesma noite.
Nesta convocatoria participarán arredor de 1.500 persoas, a maioría delas veciños/as da parroquia, e membros da asociación “Os Irmandiños” e da asociación de mulleres “Zarabanda”.
Máis de 20 bodegas participarán na 2ª edición de Xuviño, no paseo marítimo de Xuvia
O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá este fin de semana (dias 17, 18 e 19 de xuño) a II Feira do Viño ‘Xuviño’ organizada polos concellos de Narón e Neda. Nesta ocasión,está prevista a participación de máis de 20 bodegas, representadas por distribuidores.
Para degustar os viños, a organización porá á venta talonarios ó prezo de 5 euros e compostos por 5 tickets cada un. Os viños costarán entre 1 e 3 tickets, dependendo da súa calidade. Ademáis, haberá que aportar 1 ticket por cada copa.
O Concello de Narón promove os campus de voleibol, fútbol e baloncesto
Captación e formación, esas son as dúas liñas mestras que conducirán as novas actividades que o Concello de Narón estrea. Trátase de tres campus, un de baloncesto, outro de voleibol e outro de futbol, promovidos polos clubs máis destacados de ambas as disciplinas no municipio: o Baloncesto Narón, o Narón Volea e o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo respectivamente.
O edil de Deportes, Natalia Hermida, e os responsables de as entidades encargáronse de dar a coñecer os pormenores destes eventos formativos que, estréanse cun afán de continuidade.
O Concello asina oito convenios de colaboración con entidades de carácter social e cultural
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou oito convenios de colaboración con entidades de carácter social e cultural, para o desenvolvemento de actividades e programas. En conxunto, a inversión municipal para estas actuacións ascende a 94.100€, repartidos entre os seguintes colectivos:
Centro de Saúde Sexual
O Instituto da Mocidade pone en marcha un Centro de Saúde Sexual de carácter nacional, cos obxectivos xerais:
Aclaracións do Concello de Narón sobre a celebración do Encontro de Bandas de Gaitas Memorial ‘Lolete’
O goberno municipal en funcións ven de desmentir as declaracións realizadas polo presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, culpando ó Concello de Narón da suspensión do VIII Encontro de Bandas de Gaitas Memorial “Lolete” por falta de financiación municipal.
O Concello organiza unha Xornada de Portas Abertas no Arquivo Municipal, prevista para o xoves 9 de xuño
O Concello de Narón organizará, con motivo do Día Internacional dos Arquivos, unha Xornada de Portas Abertas na que se poderá visitar o Arquivo Municipal de Narón, ubicado no sótano do Concello. As visitas deberán ser concertadas previamente no enderezo a.pena@naron.es ou ben no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1007).
Semana de Medio Ambiente e sustentatilidade
Esta semana de Medio Ambiente e sustentatilidade constará do seguinte contido:
Prazas de prácticas de monitores/as e directores/as de tempo libre para os campamentos da Campaña de Verán 2011
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ven de facer un sorteo informático entre as escolas de tempo libre (E.T.L.) rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia e que realizaron formación nos últimos tres anos, a fin de asinar as prazas en prácticas nas modalidades de monitores/as e directores/as de tempo libre.
As prácticas realizaranse nos campamentos da Xunta de Galicia dentro da Campaña de verán 2011, que a mesma dirección xeral organiza para a mocidade galega nos meses de verán, e que se realizarán en diferentes localidades da nosa comunidade autónoma.
Aloxamento en Granxas Ecolóxicas de todo o planeta
WWOOF ESPAÑA é un asociación sen ánimo de lucro que se crea a raíz da colaboración con diferentes asociacións WWOOF internacionais e que prétente servir aos voluntarios (WWOOFERS) e granxas ou poboadores rurais que traballan principalmente con métodos ecolóxicos e sostibles.
Unha das actividades que WWOOF ESPAÑA é a de servir de coordinador da oferta de Granxas que aceptan axuda voluntaria e a demanda de voluntarios (WWOOFERS) que desexan experimentar e axudar nun ámbito rural.













Concello de Narón