Maio 2011
Problemas de escolarización en Narón
Sorprende ao Concello de Narón o tenor da nota da Consellería de Educación sobre os problemas de escolarización no municipio. Parece que a Xunta non trata de dar solucións senón de buscar culpables do grave problema de escolarización, e válelle ben que o culpable sexa o Concello. Sorprende, porque a competencia exclusiva nesta materia é da Xunta de Galicia. Ao concello cómpetelle únicamente colaborar coa consellería, como é ben sabido que fai.
9º Encontro da Mocidade de Narón
Uns 200 rapaces e rapazas participarán o próximo 4 de xuño no 9º Encontro da Mocidade de Narón, que se celebrará na Casa da Mocidade, o pavillón e skatepark.
Dirixido a mozas/os dende os 14 anos ata os 30 anos, especialmente para os que estean entre os 16 e 23 anos, o encontro é unha estratexia para desenvolver actividades en común e crear espazos para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estruturas organizativas: ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns.
Cronograma Encontros Locais de Mocidade 2011 (4 de xuño)
Goza o 4 de xuño dos encontros locais de mocidade 2011, aquí deixámosvos o programa para que veais as actividades e poidades participar nelas.
O Concello demanda á Xunta máis prazas escolares dado que a oferta supera á demanda en moitos deles
A Concellería de Educación do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, quere transmitir ás familias -sobre todo das zonas de O Alto, A Gándara, A Solaina e Piñeiros- unha mensaxe de apoio ante a escasez de prazas escolares nalgúns centros de ensino de Narón.
A realidade que preocupa ás familias de Narón, maniféstase pola incapacidade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para dar resposta ás necesidades de prazas escolares que este Concello ten dende hai varios anos.
Convócanse 3 bolsas de creación artística no estranxeiro
Convócanse 3 bolsas de creación artística no estranxeiro, destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non teñan cumpridos os 35 anos o 31 de decembro de 2011
As bolsas serán efectivas a partir do 1 de outubro de 2011 e o seu aproveitamento finalizará o 31 de marzo de 2013. É dicir, terán unha duración máxima de 18 meses. Os beneficiarios acreditarán un mínimo de 5 meses de residencia no estranxeiro dentro deste período de tempo.
O Concello edita unha guía de turismo para dar a coñecer o patrimonio histórico e natural do municipio
O Concello de Narón ven de editar 10.000 exemplares da guía de turismo “ Narón para os teus ollos” , que hoxe foi presentada en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Turismo, José Luis Suárez. A publicación foi realizada en colaboración coa Deputación da Coruña.
O Circuito de Automodelismo de Río do Pozo acollerá a II Proba do Campionato de España de Rally Game
O Circuito de Automodelismo do polígono industrial de Río do Pozo acollerá os días 20, 21 e 22 de maio a II Proba do Campionato de España de Rally Game. O calendario previsto é o seguinte:
O Concello desenvolve obradoiros de educación afectivo-sexual e riscos do tabaquismo e alcohol en colexios de primaria e institutos de Narón
A Concellería de Mocidade do Concello de Narón está a desenvolver un programa de Educación para a Saúde nos centros escolares de Narón. A edila responsable da área, Natalia Hermida, destacou a importancia destos obradoiros, que se veñen a facer con continuidade no tempo.
O programa está dirixido ó alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria (ESO), e de maneira experimental ós alumnos de 6º de Primaria dos centros educativos de Narón.
O Concello cumplíu na súa práctica totalidade o I Plan de Igualdade para as mulleres de Narón
O Concello de Narón cumplíu na sua práctica totalidade a execución do I Plan de Igualdade para as mulleres, que se desenvolve dende o ano 2006, cun investimento realizado ata o de agora de 321.114€.
O Concello acolleu a presentación do XXIV Rallye de Narón que se celebrará os días 10, 11 e 12 de xuño
O Concello de Narón acolleu a presentación do XXIV Rallye de Narón, organizado pola escudería Siroco Team Narón en colaboración co Concello de Narón, e os concellos de As Pontes, A Capela, As Somozas e San Sadurniño.
O campionato deportivo, que este ano alcanza a súa 24º edición, se celebrará os días 10, 11 e 12 de xuño deste ano, coa presenza aproximada de 140 pilotos. O presidente da escudería, Antonio Sueiras, destacou a dificultade de organizar o evento neste ano “debido á crisis económica, que tamén afecta ó deporte”.
O Alcalde de Narón asina tres convenios de colaboración con entidades deportivas para o fomento do fútbol, o atletismo e o kárate
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou tres convenios de colaboración co Club Narón Balompé Piñeiros, o Club de Atletismo Sierra de Narón, e a Escola Superior de Kárate de Narón. En representación destas entidades acudiron os seus presidentes, Emilio Andrés Gómez, Mª Antonia Romero García, e Victoriano Casal Sánchez, respectivamente.
O Concello destinará a estas tres agrupacións deportivas un total de 158.000 euros, repartidos do seguinte xeito:
Voluntariado en Parques Nacionais
O Ministerio de Medio Ambiente convoca actividades de voluntariado:
PARQUE NACIONAL DE AIGÜESTORTES I ESTANY DE SANT MAURICI
(Lleida)
5 campos de 6 voluntarios/campo e 10 días de duración cada un.
Época/s de realización: Campos 1 ao 5: Xullo-Setembro 2011.
Actividades:
Censo da produtividade de lagópodo alpino e pita do monte.
Seguimento do estado dos camiños do Parque Nacional.
Observacións: En cada un dos campos dedicarase un día, como mínimo, ás actividades de Uso Público.Ampliado ata o 19 de maio o prazo para as bolsas para a mobilidade Séneca
O Ministerio de Educación convoca 2.224 bolsas dentro do programa de subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca para o curso académico 2011-2012.
Poderán acollerse a este programa os estudantes matriculados en universidades españolas ou en centros de educación superior, que se achen cursando os estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais de Grado, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto ou os de Diplomado, Enxeñeiro ou Arquitecto Técnico, e obtivesen unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2011-2012.
Comarcal A Fervenza, último partido como local nesta tempada e amadrinamiento do club por parte de Silvia Penide.
Este sábado, 14 de maio, o Comarcal A Fervenza xoga o seu último partido como local nesta tempada na División de Prata. Será ás 18:00, no Pavillón Municipal de Neda, ante as Viaxes Amarelle.
A parte de ser o último partido en casa desta tempada, este encontro vai ser moi especial para o Comarcal A Fervenza, xa que neste encontro vaise a producir o amadrinamiento do club por parte da cantautora galega Silvia Penide.
O Alcalde ofrece unha recepción institucional ós equipos de Fútbol Sala e Baloncesto de Narón, por acadar a victoria no Campionato de Liga
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu dous recepcións institucionais ós equipos de Fútbol Sala e Baloncesto de Narón, que acaban de acadar o campionato de Liga de 1ª División Nacional A.
O Concello, a Deputación e a Cooperativa de O Val editan un libro coas ponencias das I Xornadas Técnicas do Pemento do Couto
O Concelleiro de Turismo de Narón, José Luis Suárez, presentou en rolda de prensa o libro das I Xornadas Técnicas sobre o Pemento do Couto, editado polo Concello de Narón, en colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña e a Cooperativa de O Val. Estivo acompañado polo vicepresidente do organismo provincial, Pablo Villamar, o xerente da Cooperativa do Val, José Castro Leirachá, e por Tomás Casal e Enrique Gómez, promotores destas xornadas.
O Concello de Narón presenta unha web para difundir o patrimonio medioambiental do rio Xuvia
O concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou a páxina web rioxuvia.naron.es, deseñada co fin de potenciar o patrimonio medioambiental a nivel hidrográfico, e de ecosistema do que Narón dispón, no marco do espazo natural europeo “Rede Natura 2000”.
O Pazo da Cultura acollerá o VII Encontro de Bandas de Música coa participación de tres agrupacións
O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 7 de maio ás 20:00 horas o VII Encontro de Bandas de Música organizado pola Agrupación Musical Sementeira, e que conta co patrocinio do Padroado de Cultura.
Neste certame participarán a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Banda de Música de Sober, e a Xove Banda de Narón.
O Concello abre hoxe, 5 de maio, o prazo de inscripción para participar nos Campamentos Deportivos 2011 da Deputación de A Coruña
O Concello de Narón abre o dia 5 de maio o prazo de inscripción para participar nos Campamentos Deportivos 2011 organizados pola Deputación Provincial de A Coruña, do 3 ó 30 de xullo, e dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 13 anos.
O Concello agarda que a Xunta fágase cargo da xestión dos comedores escolares de cara ó vindeiro curso
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, mantiveron no día de onte unha xuntanza en Santiago de Compostela co secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén, para analizar a situación dos comedores escolares en Narón.
Problemática en materia escolar e ensino en Narón
El concello de Narón presentou a Jesús Oitavén un documento sobre a problemática en materia escolar e ensino en Narón. Este informe establece que Narón acumula un déficit de prazas escolares superior ó 20% do total (xa que máis de 1.000 alumnos/as están escolarizados fora do municipio, en Infantil, Primaria e Secundaria).
O Concello de Narón desmárcase da Feira de Oportunidades organizada por FIMO ó non corresponderse co convenio asinado con Ferrol e AECOFE
O Concello de Narón non participa como tal na I Feira de Oportunidades organizada por FIMO e que se celebra os días 7 e 8 de maio no recinto feiral de Punta Arnela, baixo o patrocinio inicial dos concellos de Ferrol e Narón. Esta feira debería terse organizado segundo o acordo de colaboración asinado en Narón, o 26 de xaneiro de 2010, entre ambas administracións e a Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrol (AECOFE).
O Concello realiza obras de reposición do pavimento en diferentes rúas do municipio para proceder á sua mellora
A Concellería de Obras e Vias Públicas de Narón, dirixida polo edil Angel Perfecto Castro, iniciou a pasada semana unha serie de obras de reparación do firme de varias vías do municipio. Así, actuouse na renovación do aglomerado das rúas Irmandade (Xuvia) e Linares Rivas (A Gándara), con cargo ó Plan de Inversión Municipal, cunha inversión de 60.000 euros.
O Cidade de Narón converteuse no novo campión do grupo A de Primeira Nacional A
O equipo da Gándara, que derrotara o sábado ao Avilés por 6-0, garantiuse definitivamente o liderado a final de liga grazas ao tropezo na pista do Azkar Lugo B de O Parrulo, o único rival que lle podía dar caza.
Narón llega a la liga EBA
El Baloncesto Narón venció al Rosalía de Santiago por veinte puntos de diferencia, 79-59, lo que le asegura el liderato en la Primera Nacional y el ascenso automático a la liga EBA. Un paso histórico para el baloncesto naronés y para una escuela, el Santiago Apóstol, que durante muchos años ha trabajado para potenciar este deporte en el municipio. Este ascenso de categoría confirma que el deporte naronés va viento en popa y a toda vela, lo que ayudará al municipio a crecer como ciudad y a ser un referente deportivo en la comarca.













Concello de Narón