Abril 2011
O primeiro equipo do Comarcal A Fervenza xoga ante a súa afección este domingo
Farao ante o Ovifem, no partido correspondente á 24º xornada da División de Prata, Grupo I. O encontro será ás 12:30, no Pavillón Municipal de Neda.
Tras o parón da Semana Santa, volve a liga na súa fase máis decisiva, xa só quedan tres encontros para finalizar a tempada e aínda quedan moitas cousas por decidir.
A Corporación Municipal aproba o convenio de colaboración entre a Xunta e a FEGAMP para desenvolver a administración municipal electrónica
A Corporación Municipal de Narón celebrou o derradeiro pleno desta lexislatura, no que se aprobou o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da comunidade autónoma galega.
O Concello asina dous convenios con entidades deportivas para o fomento do deporte nas especialidades de golf e fútbol sala
O Concello de Narón asinou dous convenios de colaboración co Clube Golf Campomar e o Club Cidade de Narón de Fútbol Sala. Ambos acordos terán vixencia durante o presente ano, e en conxunto suman 111.000 euros, do orzamento total destinado a convenios con entidades deportivas no Orzamento Municipal do 2011, que ascende a 450.000€.
Viches xa a campaña rap contra o racismo?
O Instituto da Mocidade (INJUVE) e a ONG Movemento contra a Intolerancia, lazan a campaña Rap contra o Racismo, unha canción cun vídeo dirixida aos máis novos, coa participación de importantes representantes da escena do hip-hop español como O Chojin, Locus e Nerviozzo de Dúo Kie, Xitano Antón e o Langui da Excepción, Nach, Lírico, Kase Ou e Sho-Hai de Violadores do Verso, Xhelazz, Titó e O Santo de Falsalarma, Zatu de SFDK e Ouse.
O Padroado de Cultura celebra este xoves a Gala do 30º aniversario da creación da Escola de Teatro de Narón
O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro xoves, 28 de abril, a Gala do 30 Aniversario da creación da Escola de Teatro de Narón (1981-2001). O evento comenzará ás 21 horas, e a entrada é de balde aínda que é preciso retirar as invitacións nas taquillas do Pazo, ou reservar telefónicamente no número 981 39 11 44.
O CSIC ofrece prácticas a titulados en Formación Profesional
O CSIC ofrece 218 contratos en prácticas, de dous anos de duración, para diversas titulacións universitarias e de FP. Na valoración dos candidatos terase en conta o expediente do interesado, así como a súa experiencia profesional.
O Concello organiza un programa de recuperación de mobiliario urbán e posta en valor de zonas verdes para realizar conxuntamente cos veciños
A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa o Programa de recuperación de mobiliario urbán e posta en valor de zonas verdes, que se desenvolverá os días 15, 16 e 18 de abril en diferentes lugares de Narón.
O Concello acolle a presentación da flor de camelia ‘Cidade de Narón’
O Concello acolle a presentación da flor de camelia ‘Cidade de Narón’ que ven de florecer nestos días por vez primeira, e que nun prazo de dous anos estará no parque do Rio Freixeiro
7 pasos útiles para navegar seguros na Internet.
Para que os menores poidan navegar ás súas anchas e os pais podamos estar máis tranquilos, presentámosvos unha guía que non debedes perdervos.
Son sete sinxelos pasos para que a vosa pegada en Internet sexa en grao sumo produtiva. As tecnoloxías son unha cousa seria pero, se seguides estes consellos, conseguiredes sacar o máximo partido á rede da forma máis segura.
Fala con Eles
Programa
Oito de cada dez novos españois de 14 a 19 anos non recibiu dos seus pais as primeiras informacións sobre sexualidade e anticoncepción. Con todo aos mozos gustoulles recibir esta información a través dos seus pais. Estes datos, que saen da enquisa "Anticoncepción Século XXI", realizada polo Instituto Gallup, pon de manifesto a escasa comunicación entre pais e fillos nestas cuestións tan importantes para o seu desenvolvemento persoal.
O Concello insiste en que a a portería que volteou o domingo no pavillón de A Gándara colocouna Federación Galega de Fútbol Sala e está homologada pola Federación Española
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida Rico, en relación cos feitos acaecidos o pasado domingo dia 3 de abril no partido da liga base Benxamin, celebrado no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara entre os equipos de NUVOLA/SOLAINA “A” - MAT. ATLÁNTICO “B” , no que unha portería volteou sobre o porteiro do club Nuvola/Solaina “A”, ten a ben manifestar o seguinte:
O Alcalde presentou o III Congreso Internacional da Cultura Celta no que colabora o Concello cunha dotación económica de 32.000 euros
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou en rolda de prensa o III Congreso Internacional do mundo Celta “Os Celtas na Cultura Atlántica”, que se celebrará no Pazo da Cultura de Narón os días 15, 16 e 17 de abril. O Concello colabora con este congreso achegando unha partida de 32.000 euros, mentres que a Xunta financia tan so a metade aproximadamente do que aporta Narón, e a Deputación da Coruña algo menos.
O Concello asina os cinco primeiros convenios de colaboración con entidades deportivas para o fomento do deporte local en Narón
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os representantes de cinco entidades deportivas de Narón asinaron os convenios de colaboración correspondentes ó ano 2011. En conxunto, a cantidade que o Concello achegará a estas agrupacións suma 67.500 euros, do total que o goberno municipal destinará á colaboración con entidades deportivas durante este ano, que ascende a 430.000 euros.
As asociacións que firmaron os convenios son as seguintes:
Internet no rural
En relación con este tema, a chegada de Internet á zona rural agárdase para o mes de maio deste ano, logo de realizar un importante despliegue de infraestructuras. Actualmente, o Concello xa ten instaladas dúas torres de comunicación, unha en Sedes (Monte dos Nenos) e outra en Doso. Tan só faltan por rematar os traballos de instalación eléctrica nas mesmas, para o cal precísase tres días consecutivos de situación meteorolóxica favorable, algo que se espera que suceda neste mes de abril.
O Concello culmina a instalación de pantallas informativas en cinco barrios da cidade para achegar información de interese á cidadanía
O Concello de Narón culminou esta semana a instalación de catro paneis informativos de luces led, que véñense a unir ó que xa fora instalado no mes de novembro de 2010 de xeito pioneiro no barrio de A Solaina, concretamente na praza da Constitución.
As novas pantallas informativas colocáronse esta semana nos seguintes puntos do municipio de Narón:
Equinarón 2011 se celebra o dia 17 de abril no Recinto Feiral do Trece, con catro categorías de competición
A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou en rolda de prensa o evento Equinarón 2011, que se celebrará o domingo 17 de abril no Recinto Feiral do Trece (Sedes) con entrada de balde. A competición dará comenzo ás 10:00 horas, e haberá catro categorías nas que se poderá concursar:
O Concello firma dous convenios de colaboración con patrocinadores privados para a realización de actividades de educación vial
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou a dous convenios de colaboración coas empresas Alcampo Ferrol e Begano (Coca-Cola) para a realización de actividades de Educación Vial nos centros de ensino de Narón (Escolas Infantís Municipais, Colexios e Institutos) por parte do equipo de Educación Vial Municipal.












Concello de Narón