Marzo 2011
IV Trofeo de Silvestrismo Cidade de Narón
O vindeiro domingo 3 de abril, celebrarase no Parque Temático de Aldea Nova (Sedes-Narón) o IV Trofeo de Silvestrismo Cidade de Narón, organizado polo Club de Cazadores A Faisca, coa colaboración do Padrodao de Deportes de Narón.
As inscricións estanse levando a cabo, durante o mércores día 30 e o xoves día 31 de marzo, en horario de 19,00 a 21,00 horas na sede oficial do club (Rúa Chousa da Pedra s/n – A Faisca – Narón) ou ben chamando ó teléfono 639-085249 para os participantes de fora da comarca.
A Federación de Libreiros de Galicia entregará os seus premios anuais nunha gala que se celebrará en Narón
A Federación de Libreiros de Galicia celebrará a XX edición dos Premios Irmandade do Libro o vindeiro dia 2 de abril en Narón. Foi presentada esta nova edición dos galardóns polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e o responsable da Federación, Antonio Martínez.
O Pazo da Cultura acolle a exposición “15 anos mantendo o noso legado” formada por instrumentos de percusión tradicional construídos por alumn@s do Padroado de Cultura
O Pazo da Cultura de Narón acollerá dende onte e ata o vindeiro día 15 de abril a exposición “15 anos mantendo o noso legado” composta por instrumentos de percusión elaborados por alumn@s do Obradoiro de Construcción de Instrumentos de Percusión Tradicionais Galegos. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, inauguró o martes a mostra que estará aberta ó público de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Maratón de Tute
COMISIÓN FESTAS CASTRO 2011
Sabado 09 de abril de 2011 a las 16:00 horas no pabellón polideportivo de Castro
Inscripción: Café Bar “ O Cruce”, ou nos teléfonos:
619 247 223 ( IVAN) / 626 882 701 ( FRAN)As obras de construcción da Escola Infantil Municipal de Xuvia estarán finalizadas nun prazo de tres meses
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Infancia, Mª del Carmen Espada, visitaron as obras da Escola Infantil Municipal (EIM) de Xuvia, que se ubica nunha parcela de 5.070 m2 de superficie, propiedade do Concello de Narón, con frente á Estrada de San Xiao.
O Concello organiza unha Feira de Artesanía con obradoiros para nenos e adultos, no marco da feira do cabalo Equinarón 2011, no Recinto do Trece
A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, desenvolverá a I Feira de Artesanía no marco de Equinarón 2011, certame que será presentado en rolda de prensa a vindeira semana.
Tanto a Feira de Artesanía como Equinarón celebraránse o domingo 17 de abril, no Recinto Feiral do Trece (Sedes) con entrada de balde. A Feira de Artesanía inclúe, ademáis, a celebración de cinco obradoiros de traballos artesáns dirixidos a nenos/as a partir de 10 anos e tamén a adultos.
O Concello e a Deputación firman un convenio para editar guías de turismo e un libro sobre o Pemento do Couto
O Concello de Narón e a Deputación Provincial de A Coruña asinaron un convenio de colaboración para a promoción do turismo no municipio. Este acordo foi presentado hoxe en rolda de prensa polo Concelleiro de Turismo de Narón, José Luis Suárez, e o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar.
O III Congreso Internacional sobre Cultura Celta xa está nas redes sociais de Facebook, Twitter, Youtube e Flickr
O III Congreso Internacional sobre Cultura Celta, que se celebrará os vindeiros 15,16 e 17 de abril no Pazo de Cultura de Narón, xa conta con distintos perfiles nas redes sociais de Facebook, Twitter, Youtube e Flickr.
O Concello continúa cos trámites do Centro de Saúde e confirma a disponibilidade de crédito para mercar os terreos previstos en Freixeiro
O goberno municipal de Narón afirmou que resulta “arrepiante que os concelleiros do Partido Popular de Narón descoñezan que non é posible iniciar un procedemento de expropiación sen dispoñer dos cartos necesarios”. Se o PP afirma que o Concello de Narón carece de liquidez para facer fronte ás expropiacións dos terreos nos que se construirá o novo centro de saúde “é que non leron o expediente de expropiación ou lérono e non foron quen de entendelo”.
O Concello de Narón abre o prazo de solicitude de subvencións municipais para entidades
O Concello de Narón abre o prazo de solicitude de subvencións municipais para entidades, nas áreas socioeducativas, sociocultural, de igualdade, de persoas con discapacidade e persoas con drogodependencias de infancia, de inmigración e minorías étnicas, de atención ás persoas maiores, de prestación de servizos locais básicos, de participación cidadá, de mocidade, ambiental e de saúde.
A convocatoria destas subvencións foi aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado 17 de febreiro de 2011, e publicada DOG el venres, 18 de marzo de 2011.
O Consorcio de concellos do Camiño Inglés, a Deputación de A Coruña e as asociacións de hostaleiros da provincia reúnense para potenciar o turismo nesta ruta a Compostela
Os concellos integrantes do Camiño Inglés, a Deputación Provincial de A Coruña, e as asociacións de hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago mantiveron unha xuntanza de traballo no Concello de Narón, promovida pola Deputación e solicitada polos propios hosteleiros.
Abre ó tráfico a ponte subterránea que comunica os barrios de A Gándara e A Solaina en menos de 100 metros
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, representantes políticos municipais, e representantes das asociacións de veciños de A Gándara e A Solaina, procederon á retirada, na mañá de hoxe, das vallas que pechaban a nova ponte subterránea que comunica a rúa Virxe de Covadonga coa rúa Mestre Mateo.
O Concello de Narón promociona a vida sen tabaco a través de carteis informativos instalados nos edificios e locais sociais municipais
O Concello de Narón está a instalar unha serie de carteis informativos nos edificios municipais, para promocionar a vida sen tabaco. Trátase duns carteis co lema “Deixa fóra o fume” nos que se advirte da prohibición de fumar no interior dos espazos públicos, e que serán colocados en medio centenar de lugares, como pavillóns polideportivos ou locais sociais municipais.
O Concello inicia hoxe 17 de marzo, en O Val a ronda de charlas informativas para potenciar as cooperativas de montes
O Concello de Narón convoca para o xoves 17 de marzo unha charla informativa na Cooperativa de O Val, ás 19:30 horas, co obxecto de informar ós veciños sobre a posibilidade de crear cooperativas de montes forestais.
O Padroado de Deportes abre o prazo de solicitude de subvencións deportivas dirixidas a asociacións, entidades e clubs de ámbito municipal
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida Rico, abre o xoves 17 de marzo, o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás subvencións por parte de asociacións, entidades e clubs de ámbito municipal, no ámbito do deporte.
Esta convocatoria foi aprobada pola Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 17 de febreiro de 2011, de acordo coas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local de 29 de abril de 2010, e publicadas íntegramente no DOG do 8 de setembro de 2010.
O VII Encontro coa Zanfona Contemporánea trasládase do Pazo da Cultura ó Auditorio da Praza de Galicia
O Padroado da Cultura de Narón ven de trasladar parte da programación do VII Encontro coa Zanfona Contemporánea, que terá lugar este fin de semana (18, 19 e 20 de marzo) en Narón.
EN concreto, trasládanse os actos previstos para o día 18 de marzo, do Pazo da Cultura ó Auditorio Municipal da Praza de Galicia, debido ós ensaios que realizará no Pazo a compañía Concerlírica, que representará o día 19 neste escenario a ópera de Verdi “La Traviata”.
Así, o venres 18 de marzo o Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o seguinte programa:
O Concello e a Deputación convocan unha xuntanza cos concellos do Camiño Inglés e as asociacións de hostaleiros para tratar a promoción conxunta desta ruta a Compostela
O Concello de Narón e a Deputación Provincial de A Coruña –a través do Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol-Ortegal- veñen de convocar unha xuntanza de traballo con tódolos concellos integrantes do Consorcio do Camiño Inglés, e as asociacións de hostaleiros da provincia da Coruña.
O Concello rebaixará a taxa municipal pola instalación de terrazas de hostalería nas vías públicas
O Concello de Narón rebaixará a Ordenanza Fiscal nº 27 “Reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local”. Esta modificación se contempla tan só para a tarifa terceira, que regula a Ocupación da Vía Pública (OVP) por mesas, cadeiras e elementos análogos.
Taller de fotografia e natureza co profesor Oriol Alamany
Destinado a fotógrafos profesionais e afeccionados, interesados na fotografía da natureza e de paisaxes.
Localización:
Estas xornadas desenvolveranse en espazos naturais nas inmediacións das instalacións de Aldea Nova (noroeste da provinacia da Coruña). Polas noites, o traballo de análise das fotos tomadas realizarase nas propias instalacións.Acción de Verán 2011
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan no só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.
Apertura do prazo de solicitude do programa de Acción Verán 2011
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan no só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.
O Concello inspecciona o alumeado da Estrada de Castela para subsanar as deficiencias detectadas recentemente
A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, iniciou un traballo de inspección do alumeado público da Estrada de Castela, de cara a subsanar as deficiencias no seu funcionamento, rexistradas nas últimas semanas e que provocaron varios apagóns eléctricos en diferentes puntos da avenida.
O Concello de Narón finalizará a construcción da nova ponte sobre o río Freixeiro no mes de marzo
O Concello de Narón está a desenvolver na actualidade un importante proxecto de mellora da Avenida Miguel de Cervantes, en Freixeiro, cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea. Trátase da “Reforma da Ponte sobre o río Freixeiro na Avenida Miguel de Cervantes”, cuxo orzamento total ascende a 381.465,51€ aportados entre o Concello (30%) e o FEDER (70%).
O proxecto foi deseñado con tres obxectivos fundamentais:
O Concello ten creados tres Espazos das Familias, con 30 participantes no programa Preescolar na Casa
A Concellería de Infancia de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, está a achegar o programa de Preescolar na Casa ás familias do municipio con nen@s de 0 a 3 anos. Trátase dunha proposta educativa que incide na importancia dos primeiros anos de vida e da acción educativa das nais e pais, como primeiros e insustituibles educadores dos seus fillos/as.
Narón acollerá o VII Encontro de Zanfona Tradicional no mes de marzo no Pazo da Cultura, Odeón e Aldea Nova
O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo presentou en rolda de prensa o VII Encontro de Zanfona Tradicional, que se desenvolverá no municipio os días 18, 19 e 20 de marzo, organizado polo Centro Galego de Música Popular “Central Folque” en colaboración co Padroado de Cultura de Narón, quen destina 10.000€ a financiar esta actividade.
O Concello conectará o barrio de Xuvia coa parroquia de San Xiao a través dunha pasarela peatonal que se abrirá a finais do mes de marzo
O Concello de Narón abrirá ó público a pasarela peatonal Xuvia-San Xiao a finais do mes de marzo, tal e como explicou o Concelleiro de Obras, Angel Perfecto Castro. Os traballos de construcción desta infraestructura avanzan a bo ritmo e están a ser financiados con cargo ó Plan E, cun orzamento de 216.208,75€.
A Escola Municipal de Teatro estrea a obra “Pasatempo” este xoves no Pazo da Cultura
O Pazo da Cultura de Narón acollerá este xoves 3 de marzo a representación da obra “Pasatempo” a cargo dos alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Narón. Será a partires das 20:30 horas, e o prezo das entradas é de 2 euros.
“Pasatempo: Un banco, unha farola, un parque…” é unha obra dirixida por Pablo Sánchez baixo a coordinación creativa do dramaturgo José Prieto, e producida pola Escola de Teatro e o Padroado de Cultura, tendo como responsable de producción a Flor Maceiras.
O Alcalde asiste á prantación de 50 árbores por parte dos alumn@s do Colexio Santiago Apóstol no exterior da Cementera de Rio do Pozo
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos, asistiron hoxe á prantación de 50 árbores (de diversas variedades, coma hayas, carballos, e manzanos) no exterior da fábrica cementera de Rio do Pozo. Trátase dunha iniciativa promovida polo grupo Tudela Veguín, propietario da molienda, e que tivo como protagonistas ós alumnos/as de 6º de Educación Primaria do Colexio Santiago Apóstol.
Noites Saudables oferta 500 prazas para pasar fins de semana en balnearios de Galicia
Desde a primeira fin de semana de marzo ata a segunda de abril –agás do 18 ao 20 de marzo- un total de 500 mozos galegos de entre 18 e 35 anos poderán disfrutar do programa Noites Saudables para a Mocidade Galega. Esta mañá presentouse en Santiago a segunda edición deste exitoso programa de termalismo para os mozos de Galicia. Noites saudables está cofinanciado no 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e mais pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Entra no sorteo de 5 entradas para o concerto de Airiños de Rock
Un dos posuidores do Carné Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado gañará esta semana un lote de 5 entradas para o concerto Airiños de Rock, que terá lugar o 26 de marzo no Coliseum de A Coruña, no que actuarán DEF CON DOS e O'FUNK'ILLO.
O sorteo desta semana realizarase o venres 25 de febreiro as 10 da mañá. Nel participarán tódalas solicitudes recibidas a través do formulario dende o luns ata as 9:00 do mesmo venres.





















Concello de Narón