Febreiro 2011
A Xunta de Portavoces acorda a creación da Mesa Local do Comercio do Concello de Narón
A Xunta de Portavoces do Concello de Narón reuniuse para abordar, entre outras cuestións, a creación da Mesa Local do Comercio do Concello de Narón. Trátase dun órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do sector comercial.
Esta figura, de nova creación, está incluída na Lei do Comercio Interior de Galicia (Lei 13/2010) publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro de 2010 e que entrou en vigor o 18 de xaneiro de 2011.
A Concellería de Participación Cidadá organiza un programa de Entroido Comunitario nas diferentes parroquias
A Concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a desenvolver un programa de Entroido Comunitario en Narón, tomando como referente as Ruadas típicas dos entroidos tradicionais galegos. Esta iniciativa forma parte do Programa de Dinamización Comunitaria, no marco do cal tamén se desenvolveu o pasado Nadal a Ludoteca Comunitaria.
O Concello abre o prazo do concurso de propostas para a creación dun monumento ás vítimas do terrorismo
A Comisión de Desenvolvemento da Actividade Social celebrada o pasado martes dia 15 ditaminou favorablemente e por unanimidade o prego de bases do Concurso de Propostas para a creación dun Monumento ás Vítimas do Terrorismo.
O Concello solicitou o pasado dia 15 a participación do municipio nos campamentos deportivos da Deputación
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, enviou o pasado día 15 de febreiro á Deputación Provincial de A Coruña a correspondente instancia de participación do Concello de Narón no Programa de Campamentos de Verán 2011, organizados polo organismo provincial.
Con isto, véñese a respostar ó concelleiro do BNG en Narón e vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, quen no día de onte instou publicamente ó goberno municipal a tramitar esta solicitude, cando xa estaba realizada.
O Concello de Narón finalizará a construcción da nova ponte sobre o río Freixeiro no mes de marzo
O Concello de Narón está a desenvolver na actualidade un importante proxecto de mellora da Avenida Miguel de Cervantes, en Freixeiro, cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea. Trátase da “Reforma da Ponte sobre o río Freixeiro na Avenida Miguel de Cervantes”, cuxo orzamento total ascende a 381.465,51€ aportados entre o Concello (30%) e o FEDER (70%).
O proxecto foi deseñado con tres obxectivos fundamentais:
A Biblioteca Municipal do Alto acolle mañá unha charla sobre a nova Lei do Comercio Interior de Galicia
A Biblioteca Municipal do Alto acollerá o xoves dia 17 de febreiro a segunda das charlas informativas sobre a lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, aprobada pola Xunta de Galicia e publicada no DOG do 29 de decembro de 2010.
Máis de 200 persoas participan nos Obradoiros de Activación Saudable
A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a promover unha serie de Obradoiros de Activación Saudable que se desenvolven nos centros cívicos sociais do municipio, co fin de promover o exercicio físico e a alimentación saudable entre a veciñanza.
O Concello promove unha iniciativa de homenaxe á lingua galega denominada “As palabras do galego”
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Cultura e subvencionado pola Deputación da Coruña, convoca unha iniciativa a prol da lingua galega. Trátase dunha proposta na que se pretende homenaxear as palabras da lingua.
“As palabras do galego” nace coa finalidade de renderlles homenaxe ás palabras que conforman o noso idioma, e así toda aquela persoa que o desexe poderá enviar ao correo electrónico do concello a.pita@naron.es unha serie de palabras e comentarios sobre diferentes palabras da lingua galega.
O Alcalde reitera a FEVE a necesidade de construir unha pasarela peatonal para acceder ó apeadero de Freixeiro
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo contacto telefónico co gabinete do Director Xeral da Entidade Pública Empresarial Ferrocarriles de Vía Estreita (FEVE), Juan Díez López, que acaba de tomar posesión do seu cargo.
Aínda que a comunicación non foi directamente co director xeral, o Alcalde de Narón falou con persoal do seu gabinete, toda vez que acaba de producirse un relevo na dirección desta empresa, cesando no seu cargo ó anterior director xeral, co que o Alcalde de Narón xa mantivera contacto a finais do 2010.
O Concello de Narón ultima o despregamento de antenas WIFI no rural para dar cobertura de Internet ós seus veciños no prazo de dous meses
O Concello de Narón está a ultimar a instalación de antenas WIFI na zona rural para dar cobertura de Internet á poboación destas parroquias. O proxecto ten un coste de 100.000 euros, e estase a cofinanciar con Fondos FEDER da Unión Europea (70%) e fondos municipais (30%), e a súa finalización está prevista para o mes de abril.
O primeiro equipo do Comarcal A Fervenza visitará á UC Rocacero-Guarnizo na tarde do sábado
O primeiro equipo do Comarcal A Fervenza visitará á UC Rocacero-Guarnizo na tarde do sábado. O encontro será ás 20:00, no Pavillón Polideportivo Universitario de Santander. Este encontro corresponde á 15º xornada da División de Prata, Grupo I, 2010-2011.
Partido complicado para o Comarcal A Fervenza nesta xornada, xa que se enfronta a un dos equipos que logrou batelo na primeira volta. Naquela ocasión, a UC Rocacero-Guarnizo vencese ao Comarcal A Fervenza por 1-2, no Pavillón Municipal de Neda.Teatro infantil
O Concello de Narón continúa tamén coa súa programación de Teatro Infantil, que se desenvolve os domingos ás 18:00 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. Así, o domingo dia 13 de febreiro se representará a obra “Josefina” a cargo da compañía Teloncillo, dirixida a nen@s a partir de 3 anos de idade.
O Pazo da Cultura acollerá unha adaptación do clásico Hamlet reinterpretado por Sarabela Teatro
O Pazo da Cultura acollerá o sábado 12 de febreiro a obra de teatro “O incerto señor Hamlet, príncipe de Dinamarca” producida pola compañía Sarabela Teatro. A función, que forma parte da Programación Cultural do Padroado de Cultura do primeiro semestre de 2011, comenzará ás 20:00 horas, estando dirixida ós maiores de 14 anos.
O prezo das entradas é de 8€ para o público xeral, 5,60€ para abonados, e 4€ para os usuarios do carné xove e estudiantes menores de 25 anos.
A Xunta informa favorablemente o Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en Freixeiro, redactado polo Concello para a construcción do novo Centro de Saúde
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu por fax o informe previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en Freixeiro, para a construcción do novo centro de saúde do municipio. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia autoriza así o Plan Especial redactado polo Concello de Narón para a implantación desta infraestructura sanitaria.
Obradoiro de reciclaxe de roupa
Datas:Os días 16, 17, 24 e 25 de marzo de 2011,
Horario:19:00 h-21:00 h
Destinatarios: Afeccioados á moda, ó sector textil e á innovación e creatividade.
Localización: A formación impartirase nas instalacións de Aldea Nova, no municipio de Narón, no norte da provincia da Coruña.
Prezo: Asistencia ao curso: 40 €
Nota: para a realización do mesmo precisarase un mínimo de 20 participantes. Se non se alcanzase esa cifra, a organización retornará os cartos os preinscritos.
Iniciativa Xove incrementa o orzamento para as actividades promovidas pola mocidade ata os 695.000 euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o luns a orde de axuda de “Iniciativa Xove”. A convocatoria deste ano mantén as novidades que se introduciron no pasado exercicio co fin de favorecer a implicación plena da xuventude na sociedade. A orde incrementa en 2011 o seu orzamento destinado a apoiar iniciativas xuvenís nun total de 20.000 euros, ata chegar a un financiamento global de 695.000 euros. Este incremento inscríbese no compromiso firme co fomento da participación social da mocidade galega.
O Concello ultima a organización da II Feira de Maquinaria Agrícola e Árbores Froiteiras e Ornamentais
A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a traballar na organización de duas feiras que se celebrarán nos meses de marzo e abril –respectivamente- no recinto feiral do Trece, en Sedes.
A primeira convocatoria está prevista para os días 12 e 13 de marzo, e corresponde á II Feira de Maquinaria Agrícola e Arbores Froiteiras e Ornamentais. Esta segunda edición ven respaldada pola elevada asistencia de público na primeira, na que se acadaron 5.000 visitas.
A Xunta de Galicia aproba o documento de referencia para a avaliación ambiental do PXOUM do Concello de Narón
O Concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, ofreceu unha rolda de prensa para informar da aprobación –por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia- do documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Narón.
O Pazo da Cultura acolle unha exposición sobre o centenario da liña de ferrocarril Betanzos-Ferrol
O Concelleiro de Turismo de Narón, José Luis Suárez, presentou en rolda de prensa unha exposición que poderá visitarse dende mañá no Pazo da Cultura, organizada pola Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril (AFAF), con motivo do centenario da entrada en funcionamento da liña do ferrocarril Betanzos-Ferrol.
















Concello de Narón