Xaneiro 2011

  • O Concello xa está a elaborar as memorias de obra de cara á convocatoria dunha nova liña de axudas FEDER da Unión Europea

    al.JPG

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, encargou ós servizos técnicos municipais, a redacción de diversas memorias de obra susceptibles de ser financiadas con cargo ós Fondos FEDER da Unión Europea. O rexedor tomou a iniciativa adiantándose á próxima publicación no BOE dunha nova convocatoria destas axudas, procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dirixidas á realización de importantes obras. O Concello de Narón presentará a esta convocatoria un total de cinco proxectos, que suporán un investimento cercano ós 5 millóns de euros.

     
  • Bolsas da Caixa para cursar estudos de posgrado no extranxeiro!!

    images.jpg

    A Caixa convoca 225 bolsas para cursar estudos de posgrao en todo o mundo, unha acción habitual todos os anos, da que podes aproveitarche ti. Podes elixir entre cursar os estudos en España, Europa, Estados Unidos, Canadá e Asia. Os prazos de presentación de instancias son variables, o primeiro conclúe o 20 de marzo e o último o 5 de setembro.

     
  • O Concello abrirá o prazo de preinscripción da 2ª edición do Curso de Socorrismo Acuático Profesional o vindeiro martes 1 de febreiro

    soco.jpg

    O Concello de Narón e a Universidade de A Coruña (UDC) organizan, por segundo ano consecutivo, o “Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e en Espazos Acuáticos Naturais” cuxo prazo de preinscripción se abrirá do 1 ó 18 de febreiro de 2011. Está organizado polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da Universidade de A Coruña e o Padroado de Deportes do Concello de Narón, baixo a coordinación do profesor José Palacios.

     
  • O Concello rexistrou no ano 2010 perto de 15.000 visitas ó portal interactivo Dameuntoke, creado pola Concellería de Mocidade de Narón

    na.JPG

    A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, ofreceu unha rolda de prensa para facer un balance das actividades levadas a cabo durante o ano 2010 nesta área. Dos diferentes recursos que o Concello de Narón ten para achegar información e comunicarse coa mocidade, os que máis demanda tiveron foron a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), as redes sociais e a páxina web.

     
  • O Concello solicitará novamente á Xunta unha subvención que permita dispor dunha cuadrilla de Protección Civil

    proteccion-civil.jpg

    A Concelleira de Protección Civil de Narón, Mª del Mar Gómez, informou que o Concello de Narón solicitará unha subvención do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia, de cara á contratación dunha cuadrilla de Protección Civil. Esta subvención foi convocada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 17 de xaneiro de 2011, existindo un prazo dun mes para a presentación da correspondente solicitude.

     
  • Curso básico de hostalería

    hosteleria_g1.jpg

    O servizo sociocomunitario municipal, imparte un curso básico de hostalería no centro municipal de formación "IRMÁS FROILAZ"

     
  • As Escolas Culturais Municipais de Narón

    Escolas culturais do Concello de Narón

    Danza contemporánea, debuxo, bailes de salón, teatro, formación músico-instrumental, danza tradicional, gaita, percusión tradicional, zanfona, canto e pandeireta ou construción de instrumentos de percusión.

    Este é un listado das actividades que podemos desenvolver a través das Escolas Culturais Municipais do Concello de Narón que xa contan cun alumnado que se aproxima ás 1.200 persoas o que supón un aumento de 200 persoas con respecto ao curso anterior.

     
  • Primeiro derbi galego en División de Prata para o Comarcal A Fervenza

    mavi.jpg

    O primeiro equipo do Comarcal A Fervenza FSF de Ferrolterra visitará na tarde do sábado 22 de xaneiro, A Coruña para xogar coas Viaxes Amarelle. O encontro será ás 17:30, no Pavillón Municipal de San Diego (A Coruña). Este encontro corresponde á 12º xornada da División de Prata, Grupo I, 2010-2011.

    Poderiamos empezar esta previa de moitas maneiras, pero só pódese dicir dunha maneira: Derbi Galego, e non é un derbi máis, é un partido A Coruña vs. Ferrolterra, que sexa no deporte que sexa, sempre hai rivalidade entre os clubs de ambas as cidades.

     
  • O Concello de Narón abre o prazo de inscrición para matricularse nos cursos de lingua galega preparatorios para a os títulos Celga

    celga_web.jpg

    O Concello de Narón acaba de abrir o prazo de inscrición para realizar os cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos títulos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, expedidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

    O único requisito para poder matricularse nestes cursos, de carácter gratuíto, é ser maior de 16 anos de idade.

     
  • Concurso Airiños de Rock & Roll

    banner_airinos_de_rock.png

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o concurso "Airiños de Rock & Roll".

    Gustaríache tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O’FUNK’ILLO ?

    Dous dos grupos participantes terán esta oportunidade. Ademáis tódolos membros dos grupos participantes terán a oportunidade de acudir ó encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo músico PEPE BAO

     
  • Programa Mocidade en Acción. Convocatoria axudas 2011

    contenidos_836132517_juventud.jpg

    Mocidade en acción é o programa creado para os e as mozas pola Unión Europea. O seu obxectivo é infundir o sentido de cidadanía europea activa, solidariedade e tolerancia entre a mocidade europea, así como implicarlles á hora de modelar o futuro da Unión. Este programa promove a mobilidade dentro e fóra dos límites da UE, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén fomenta a inclusión de todos/as os e as novas, independentemente do contexto educativo, social e cultural do que procedan: Mocidade en acción é un Programa para todas e todos!

     
  • O Concello de Narón é o primeiro da comarca en instalar sinais de establecementos hosteleiros e de hospedaxe

    señales.jpg

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o vicepresidente da Deputación provincial de A Coruña, Pablo Villamar, presentaron os novos paneis de sinalización turística promovidos polo Plan de Dinamización Turística de Ferrol, Eume e Ortegal da Deputación de A Coruña, e instalados no municipio de Narón.

     
  • O Padroado de Cultura rexistrou un porcentaxe de ingresos do 49% no ano 2010, unha cifra moi superior á da media de teatros públicos de España

    noticia6.jpg

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco,  informó das cifras rexistradas polo Padroado de Cultura do Concello de Narón durante o ano 2010. Os datos falan por sí mesmos, xa que no ano pasado foron máis de 47.000 persoas as que participaron nos diferentes espectáculos promovidos polo concello, e outras 25.201 persoas asistiron como público ós espectáculos con taquilla.

     
  • O Concello inició este domingo a Programación de Teatro Infantil que se prolongará ata o mes de abril

    valencianita 2011.jpg

    O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou a Programación Teatral Infantil que ofrecerá o Concello de Narón dende o mes de xaneiro ata o mes de abril deste ano 2011. En total, o Padroado de Cultura ten programadas 10 funcións diferentes, para dar resposta ó público infantil.

     
  • Os concellos de Ferrol, Narón e Valdoviño unirán as súas costas mediante unha senda litoral de máis de 12 kilómetros de lonxitude

    desde-o-parano-f-goiriz-24-11-2008-013-2.jpg

    Os rexedores dos concellos de Ferrol (Vicente Irisarri), Narón (José Manuel Blanco) e Valdoviño (Isabel Alvarez), presentaron en rolda de prensa o proxecto denominado “Senda Litoral da Costa Artabra. Tramo: Santa Comba-Campelo”.

     
  • Comezamos o ano cun Festival de Narración Oral "Conta con Narón"

    conta.jpg

    Conta con Narón é o título da nova edición do festival internacional de narración oral que organiza o Padroado da Cultura para comezar a programación escénica do Concello no ano 2011. Ao noso Concello chegarán contadores de historias de Galicia, Alacante, Guadalaxara, Cuba ou Arxentina.

     
  • O Concello permanecerá pechado ó público o vindeiro venres 7 de xaneiro agás o Rexistro Xeral Municipal

    id124764260177275248.1.jpg

    O Concello de Narón permanecerá pechado ó público o vindeiro venres 7 de xaneiro, coincidindo coa festividade local de Ferrol (San Xiao) e coa proximidade da fin de semana, e do 6 de Xaneiro, festivo nacional.

    Coma excepción, funcionará o Rexistro Xeral do Concello o día 7 de Xaneiro en horario de 8:30 a 13:30 horas, para a entrega de documentación. O sábado 8 de Xaneiro, o Rexistro voltará a estar aberto como de costume en horario de 9:00 a 13:00 horas.

     
  • O Concello dispón dun novo vehículo todoterreo para realizar tarefas ambientais por parte da Policía Local

    101-Dalmatas-Coche-Policia.jpg

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou o novo vehículo da Policía Local que realizará tarefas ambientais. Trátase dun todoterreo 4x4 marca Nissan Qashqai, que foi cedido pola Xunta de Galicia ó Concello de Narón no día de onte, durante un acto celebrado nas instalacións da Academia Galega de Seguridade (A Estrada).

     
  • A moda do lip dup

    0.jpg

    Un lipdub ou lip dub ("dobraxe de beizos") é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical. Adóitase realizar nunha soa toma (plano secuencia), na que os participantes fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil. Non importa a calidade do son da toma porque é na edición posterior cando se incorpora a canción como banda sonora. O feito de que se trate dunha plano secuencia fai moi fácil o proceso.

     
  • O Concello finaliza a construcción do primeiro parque infantil adicado exclusivamente a bebés, situado nunha nova praza de A Gándara

    parque 2-1.jpg

    O ConcellO Concello de Narón ten xa finalizada a construcción do Parque Infantil da Praza Rosalía –Eduardo Pondal (A Gándara) segundo explicou o Concelleiro de Obras, Angel Perfecto Castro. Trátase dunha actuación financiada polo Fondo Estatal de Emprego (Plan E), e realizada pola empresa Consmabe 2006 S.L. cun orzamento de adxudicación de 122.380 €. A superficie total sobre a que se actuou suma 1.500 m2.

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar