Decembro 2010
139 naroneses e naronesas van participar en Depornadal
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, revelou o número de nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade que téñense inscrito no Programa de Ocio Deportivo Depornadal 2010, que se celebra do 27 ó 30 de decembro. En total serán 139 rapaces/as os que participarán nalgunha das oito disciplinas deportivas que se ofertan, en colaboración dos clubes de Narón.
En Narón educación física saudable
O nadal é un bo momento para facer un pouco de deporte saudable e poñernos en forma nunhas datas onde as grandes comidas abundan. Por este motivo aproveitando o nadal presentamos o programa Educación Física para unha activación saudable. Trátase dunha iniciativa que se está a realizar en 9 parroquias e barrios de Narón, dende o día de onte e ata maio de 2010. Terá lugar nos locais sociais municipais e pavillóns polideportivos municipais, así como en parques biosaludables e espazos ó aire libre cando o tempo así o permita.
Ocio educativo e deportivo para os máis peques
O Concello de Narón elaborou unha completa programación de ocio educativo e deportivo dirixida ós nenos e nenas de Narón, para este Nadal. A oferta compleméntase cos festivais infantís que tamén haberá na Praza de Galicia tódalas tardes (entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro, de 16:30 a 20:30 horas.
As Concelleiras de Igualdade e Infancia, Mª del Carmen Espada, e Deportes e Participación Cidadá, Natalia Hermida, presentaron en rolda de prensa estas actividades que comenzarán a vindeira semana.
O Concello promove actividades para tódolos públicos e gratuitas durante este Nadal na Praza de Galicia
A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou en rolda de prensa a Programación de Festas de Nadal que se desenvolverá dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro en Narón.
Obradoiro de Emancipación Xuvenil sobre Emprego e Vivenda
A Biblioteca Municipal do Alto acollerá o vindeiro dia 21 de decembro o Obradoiro de Emancipación Xuvenil sobre Emprego e Vivenda, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co INJUVE (dependente do Ministerio de Igualdade). Trátase dun programa no que se darán a coñecer á mocidade as ferramentas necesarias e os recursos dos que dispón a Administración, para facilitar a emancipación da mocidade galega.
A parroquia de Sedes celebrará a 10ª edición da Noite da Luz o vindeiro dia 11 de decembro.
O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e dous representantes do Grupo de Traballo de Sedes, Paco Ramil e Mª Jesús Yañez, presentaron en rolda de prensa a celebración da 10ª edición da Noite da Luz que se desenvolverá na parroquia de Sedes o vindeiro sábado 11 de decembro.
O Pavillón de a Gándara acollerá o Campionato zonal de tenis de mesa
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa o Campionato Zonal de Tenis de Mesa-Torneo Zona 1, que se desenvolverá no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara os días 5, 6, 7 e 8 de decembro. O horario previsto para a celebración do torneo é de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas.
O Padroado de deportes organiza un programa de ocio deportivo para este nadal
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa a primeira edición de Depornadal. Trátase dun programa de ocio deportivo, dirixido a nenos e nenas empadroados en Narón e que teñan entre 6 e 12 anos de idade.
O Padroado de Deportes do Concello de Narón ten programadas un total de 8 actividades deportivas (futbol sala, baloncesto, natación, balonmán, patinaxe, tiro con arco, voleibol, e tenis de mesa) que se desenvolverán do 27 ó 30 de decembro no Pavillón Polideportivo de A Gándara e na Casa da Mocidade.
O Concello inicia a Campaña de Apoio ó Comercio de Narón coa participación de 72 establecementos
O Concello de Narón –a través da empresa Eventi- iniciará a Campaña de Nadal destinada a fomentar as ventas do comercio local durante estas datas. Ata o momento, téñense adherido un total de 72 establecementos comerciais á campaña, que leva por título “Comprando en Narón, ti gañas” e que tamén busca a promoción da imaxe do comercio local, e o seu respaldo por parte do Concello.
O Concello adquire a Casa Rectoral de Pedroso para destinala á asociación da terceira idade e á asociación de veciños desta parroquia naronesa
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, firmou ante notario a compra da Casa Rectoral pertencente á Diócese de Mondoñedo-Ferrol e ubicada na parroquia de Pedroso. A venta foi firmada ante notario polo rexedor naronés e o Ecónomo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, Ramón Otero.
O Concello de Narón abre o prazo de inscrición de estranxeiros residentes en España no Censo Electoral Municipal.
O Concello de Narón abre o prazo de solicitude para a inscrición no Censo Electoral Municipal por parte de estranxeiros extracomunitarios (de países que non pertencen á UE) residentes en España, de cara á súa participación nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011.
O prazo para inscribirse finalizará o dia 15 de xaneiro de 2011. Os interesados deberán dirixirse ó Concello de Narón en horario de 9 a 13 horas, e cubrir a correspondente solicitude que se lles entregará no Rexistro Xeral Municipal.
A Comisión de Festas de Castro presenta o I Festival de Inverno que se celebrará o dia 10 de decembro nunha carpa do polígono Rio do Pozo
A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, e dous representantes da Comisión de Festas de Castro (Francisco Peña e Victoria Castro) presentaron en rolda de prensa o I Festival de Inverno Narón 2010. Trátase dun evento organizado pola Comisión de Festas desta parroquia, no que colabora o Concello de Narón a través da cesión da parcela destinada ó estacionamento de camións no Polígono de Rio do Pozo (sector III) onde se instalará a carpa que acollerá o festival.










Concello de Narón