Novembro 2010
Programa de redución de custos e formación de PEMES
O Concello de Narón, consciente das actuais circunstancias que atravesa a economía en xeral e a do noso contorno en particular, acaba de decidir a posta en marcha dun proxecto piloto de apoio á pequena empresa naronesa, no ámbito económico e xurídico.
Baixo o nome de "Programa de redución de custos e formación de PEMES", iníciase un proxecto que está destinado en especial ao comercio local e autónomos do municipio. Desenvolverase durante un ano e nel poderán participar de xeito gratuíto os destinatarios que o soliciten.
Narón ofrece terreos a Mitsubishi
O Concello de Narón deu un paso á fronte para situarse como posible sede da fábrica de baterías de ión litio que proxecta crear o consorcio formado por Mitsubishi Motor Corp e GS Yuasa se finalmente este non logra o seu obxectivo de asentarse na viguesa Plataforma Loxística de Salvaterra. Este polígono atópase inmerso nun envurullo burocrático por incumprimento de varias normas urbanísticas, que é máis que posible que, a pesar da celeridade coa que a Xunta está a levar a cabo as xestións, non se solucione antes de finais de ano, prazo dado polos xaponeses para contar cos terreos.
O Alcalde solicita a Fomento a mellora da sinalización viaria da rotonda que conecta a estrada FE-11 coa AP-9
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco Suárez, ven de enviar un escrito á Demarcación de Estradas do Estado, dependente do Ministerio de Fomento, no que se informa das deficiencias de sinalización ou ausencia da mesma na estrada FE-11, o que supón “un perigo evidente para os usuarios da devantita estrada”, advirte o rexedor naronés.
O Concello de Narón contribúe con 13.300 euros ó proxecto do Fondo Galego no Haití,
O Concello de Narón achegou durante este ano un total de 13.300 euros en concepto de axuda humanitaria ós damnificados polo devastador terremoto de Haití. A colaboración canalizouse a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que ven de por en marcha unha intervención de post-emerxencia neste lugar. Estos cartos forman parte do 0,7% do orzamento base do Concello de Narón para axuda ó exterior.
Alasdair Fraser e Natalie Haas ofrecen hoxe mércores en Narón o seu diálogo entre violín e violonchelo en clave folk celta
O dúo do violinista escocés máis internacional presenta o seu disco In the Moment hoxe mércores 24 no Auditorio Municipal de Narón
Celébrase o Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria, día no que debemos lembrar que nas estradas seguen morrendo miles de persoas.
Case 250 persoas morren ou resultan feridas de distinta gravidade cada día a consecuencia dun accidente de tráfico nalgún dos máis de 88.250 sinistros con vítimas que se producen aínda cada ano a pesar da redución de accidentes e vítimas que tivo lugar nos últimos anos.
O Concello ensina os desempregados as ferramentas informáticas para atopar emprego a traves de Internet
A Concellería de Formacion Laboral e Emprego, dirixida polo edil Jose Luis Suarez, esta a desenvolver durante os meses de novembro e decembro un programa de formación dirixido ás persoas desempregadas que estean empadroadas neste municipio ou no resto da bisbarra.
O Concello recolleu 2.600 litros de aceite doméstico nos tres últimos meses e insta á cidadanía a empregar os contenedores ou o Punto Limpo para desfacerse deste resíduo
A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, recolleu nos últimos tres meses un total de 1.400 litros de aceite vexetal procedente dos seis contenedores instalados na zona urbana fai seis meses, ademáis doutros 1.200 litros de aceite do mesmo tipo, depositados no Punto Limpo Municipal do polígono de Rio do Pozo.
O Concello desenvolve un programa de fomento do Cooperativismo Rural baseado na explotación da masa forestal
Búscanse propietarios de montes interesados en asociarse para rentabilizar os seus terrenos, xerando así emprego
O 23 de novembro, Día de Narón!!
O Concello de Naron celebrara o vindeiro 23 de Novembro o Dia de Naron, cun programa de actos que se desenvolvera entre a Casa Consistorial e a Praza de Galicia. A celebracion comenzara as 12:00 horas no Salon de Plenos do Concello, coa inauguracion dunha serie de retratos dos ultimos seis alcaldes de Naron e seguirá pola tarde cunha degustación degustacion gastronomica de filloas a partires das 18:00 horas na Praza de Galicia, baixo carpa.
Xornadas sobre Novas Tecnoloxías en Arquivos e Bibliotecas
O Concello de Narón e a Universidade de A Coruña (UDC) desenvolveran as I Xornadas sobre “Novas tecnoloxías en bibliotecas e arquivos” os días 25 e 26 de novembro no Pazo Libunca (Narón).
O Concello convoca a catro novos Consellos Territoriais de Participación Cidadá para a súa constitución formal
A Concellería de Participación Cidadá, dirixida pola edil Natalia Hermida, convocará neste mes de novembro ós representantes de catro Consellos Territoriais de Participación Cidadá para a súa constitución formal, logo de ser aprobadas as propostas polo Pleno Ordinario do Concello de Narón.
O Concello inicia unha Campaña de Nadal para apoiar o pequeno comercio e incrementar as suas vendas
O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, presentou en rolda de prensa a Campaña “Comprando en Naron ti gañas” que se desenvolvera durante todo o mes de decembro e ata finalizar o Nadal. Tratase dunha iniciativa con tres obxectivos principais: apoiar o pequeno comercio de Naron, atraer o consumo e fomentar as vendas, e promocionar a imaxe do comercio local.
O Concello e o Instituto Galego de Estudos Celticos asinan un convenio para a realizacion do III Congreso Internacional de Estudos Celticos
O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, e o Presidente do Instituto Galego de Estudos Celticos, Heitor Rodal, asinaron hoxe un convenio de colaboracion para a realizacion do III Congreso Internacional de Estudos Celticos, que tera lugar os dias 15, 16 e 17 de abril de 2011 en Naron. Tratase da primeira vez que o congreso se celebra nesta cidade xa que nas duas edicions anteriores foi realizado no CIS de A Cabana (Ferrol). O escenario elexido para esta 3ª edicion e o Pazo da Cultura de Naron.
-
O Concello asina seis convenios de colaboración en materia de asuntos sociais, ensino e formación laboral
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asinou seis convenios de colaboración con entidades que desenvolven o seu labor no termo municipal de Narón.
o Concello destina 22.000 euros a financiar actividades de tres asociacións locais
O alcalde de Narón, Xosé Manuel Branco, asinou onte tres convenios cos representantes da Sociedade Recreativa e Cultural a Pombiña, de Pedroso, a Asociación Cultural Areosa e a AVV do Couto. En virtude dos mencionados acordos, o Concello destinará unha partida de 22.000 euros -8.000 á Pombiña e O Couto e 6.000 a Pedroso, segundo indicouse desde o consistorio- a financiar actividades nas entidades anteriormente mencionadas.
Que se debe facer en caso de accidente?
Primeiro de nada, conservar a calma, respirar a fondo e tranquilizarse. Despois, valoralo e actuar rapidamente e correctamente en calquera situación en que se dea.
Primeiro de nada, conservar a calma, respirar a fondo e tranquilizarse. Despois, valoralo e actuar rapidamente e correctamente en calquera situación en que se dea:
Confusión ou desorientación
Consellos para o uso da Internet para Menores
Na Internet debes ciudarte do mesmo xeito que no mundo real de calquera tipo de persoa ou estraño. Esta é unha serie de consellos que deberías levar adiante para establecer boas prácticas de uso e comportamento no uso de Internet xunto cos teus pais e docentes:



















Concello de Narón