Outubro 2010

  • A parroquia de San Mateo acolle este domingo o programa de recreación do Samaín cunha morea de actividades

    calabazas.jpg

    O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou una nova edición do Programa de Recreación do Samaín de San Mateo, que se celebrará na tarde-noite do domingo 31 de Outubro nesta parroquia.

    O Samaín enmárcase na liña seguida polo Padroado de Cultura de Narón de revitalizar feitos de carácter antropolóxico-culturais. Os participantes afondarán nesta costume ritualizada arredor do mundo do alén e dos finados.

     
  • A Concellería de Mocidade insta á Xunta a manter o servizo do Noitebús

    bus.gif

    A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida Rico, instou hoxe publicamente á Xunta de Galicia a manter o servizo do Noitebús correspondente á liña Porto-Neda, que da servizo ós concellos de Ferrol, Narón e Neda.

     
  • O magosto: as súas orixes

    magosto.jpg

    En novembro ...tempo de Magosto.

     
  • PUNTOS LIMPOS. NON O TIRE TRÁIAO AQUÍ

    puntos-limpios-CONTENT_puntos_limpios_s192231.jpg

    Se xa estamos concienciados da necesidade de separar o lixo en casa, non nos custará tanto dar o seguinte paso: levar ata un punto limpo os residuos perigosos ou de gran volume para os que non existe colector específico na vía pública

    Nas instalacións dos puntos limpos recóllense de forma gratuíta os residuos domésticos que, polo seu gran volume ou polo seu perigo, non deben arroxarse á bolsa do lixo nin depositarse nos colectores da rúa.

     
  • Comezan os obradoiros de Educación Afectivo-Sexual en Narón

    talleres.jpg

    A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de iniciar unha nova edición dos Obradoiros de Saúde Comunitaria, incluídos no programa municipal de Educación para a Saúde. Neste caso, trátase dos módulos de Educación Afectivo Sexual, que están dirixidos a estudiantes de Educación Secundaria (ESO) e Bacharelato, e son impartidos por 2 educadoras sociais.

     
  • Premios Nacionais de Mocidade

    juventud.gif

    Abríronse as bases reguladoras para a concesión dos Premios Nacionais de Mocidade que ten por finalidade estimular e recoñecer a traxectoria e o esforzo daqueles novos que pola súa dedicación na elaboración e difusión dos seus estudos, do seu traballo e da súa implicación persoal, pon de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade, en concreto nas seguintes categorías:

     
  • Clases de psicomotricidade en Narón

    psico.jpg

    A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de iniciar as clases de Psicomotricidade en horario lectivo para este curso 2010-2011, que se desenvolven nos colexios do municipio para nenos/as de Educación Infantil dentro do programa de Deporte Escolar do Concello de Narón, dende o pasado día 1 de outubro.

     
  • Autocompostaxe en Narón

    compostaxe.JPG

    O Concello de Narón e a asociación ecoloxista ADEGA participarán no proxecto comarcal de fomento da autocompostaxe, que foi presentado en rolda de prensa polo Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos.

     
  • A web “dameuntoke” da Concellería de Mocidade, galardoada con dous premios Innova-G da asociación galega de Empresas TIC

    dut.jpg

    A web da Concellería de Mocidade de Narón (www.dameuntoke.eu) acaba de ser galardoada con dous premios da Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), quen premiou o primeira vez a diferentes pemes galegas polo seu esforzo innovador e o seu posicionamento na web e nas redes sociais.

     
  • Unha nova Escola Deportiva municipal de Patinaxe Artística para Narón

    natalia.jpg

    A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, valorou moi positivamente a posta en marcha desta nova escola deportiva, dado o interese mostrado na cidade pola práctica desta actividade.

     
  • XI Trofeo de Tenis de Mesa "Cidade de Narón"

    pinpon.jpg

    O Pavillón Polideportivo de Santa Icía acollerá o XI Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’ coa participación de 19 clubes de toda Galicia.

     
  • O Pavillón Polideportivo de Santa Icía acollerá o XI Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’

    tenis de mesa.jpg

    O Pavillón Polideportivo Municipal “Campo da Serra” de Santa Icía acollerá o vindeiro día 12 de outubro (festividade nacional) e o día 1 de novembro  o XI Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’, organizado polo Club Cidade de Narón de Tenis de Mesa en colaboración co Padroado de Deportes de Narón.

     
  • Bolsas High School en Estados Unidos

    logo_BHS.png

    A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Pedro Barrié de la Maza convocan un programa de bolsas para aqueles alumnos que desexen cursar un ano académico nun instituto de ensino público, "High School", de Estados Unidos.

    Requisitos:

     
  • Bolsas de estudos para o Máster on-line en Sociedade da Información e Coñecemento

    hom_logo.gif

    O GIS-T (Grupo de Investigación Sociedade Tecnoloxía e Territorio) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa AISTI (Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información), ten aberto, ata o día 4 de novembro de 2010, o período de candidaturas para a asgnación de 5 bolsas de estudos no ámbito do Máster on-line en Sociedade da Información e do Coñecemento.

    O 1o clasificado recibirá unha bolsa do 80% do valor da matrícula, o 2o recibirá 50% e o 3o, 4o e 5o recibirá 25%. Os criterios para selección dos candidatos son, por orde de preferencia:

     
  • Na rúa o segundo número da revista Dameuntoke Narón

    nat.JPG

    A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou o segundo número da revista gratuita Dameuntoke, dirixida á xuventude de Narón e que se repartirá en Institutos e edificios públicos (Pazo da Cultura, Biblioteca, e Casa da Mocidade). O Concello ten editados 1.000 exemplares desta publicación, de carácter trimestral.

     
  • Café-teatro científico en Narón

    naron.jpg

    Os café-teatro científicos tamén estarán presenten nos bares de Narón. Neurocom, o departamento de investigación da Universidade da Coruña- Faculdade de Ciencias da Saúde, organiza estas actividades en varias localidades co obxectivo de divulgar a ciencia entre todos os públicos.

    No noso Concello celebraranse os seguintes teatros café:

    • Cervexaría Cardebelle

    Venres 22 de outubro: actuación de Vicente de Souza (actor); Eduardo Sánchez (físico); Xurxo Mariño (neurofisiólogo)

     
  • Unha nova cita coa banda deseñada

    des.jpg

    Ourense convértese desde na capital galega do cómic grazas á celebración das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Prolongaranse ata o17 deste mes de outubro e contarán con oito exposicións, cinco delas individuais e unha serie de actividades paralelas con proxección de películas, encontro cos autores ou entrega de premios.

    Pablo Auladell, Clara Tanit-Arqué, Manuel Bartual, Joao Facenda e Dani Monte están entre os artistas premiados que acudirán á cita máis antiga de Galicia coa novena arte.

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar